O Concello de Ribadumia celebrou a VI Festa do Deporte no Auditorio Municipal. Ao evento asistiu o alcalde de Ribadumia, D. David Castro; o deputado provincial da Deputación de Pontevedra, D. Javier Tourís; o xefe do servizo de deportes da Xunta de Galicia, D. Daniel Benavides; e o director xerente da Mancomunidade do Salnés, D. Ramón Guinarte; así como tamén membros da corporación municipal e as federacións deportivas.
Repartíronse un total de 14 premios a deportistas do municipio, ou vinculados co mesmo, clubs, adestradores, medios de comunicación e patrocinadores. Ademais, outorgouse unha dobre mención especial coa que o xurado desta edición quixo destacar o labor e dedicación das persoas que promoven os valores e o deporte dentro das entidades deportivas.
Durante a gala co-presentada e dinamizada por Pepo Suevos, o Concello de Ribadumia celebrou o esforzo e o traballo como máximos expoñentes dos resultados deportivos das persoas vinculadas ó municipio. Desde o goberno local tamén se animou aos deportistas a seguir traballando na mesma liña para que continúen colleitando novos éxitos dos que Ribadumia se sinta aínda máis orgullosa.
Por categorías, os finalistas e premiados foron os seguintes:
- MELLOR DEPORTISTA “PROMESA” MASCULINO RIBADUMIENSE
Finalistas: Mateo Betanzos Núñez (UMIA CF), Daniel Gondar Carballa (RC Celta de Vigo) e Yago Piñeiro Ucha (Club Ciclista Ribadumia).
Gañador: Daniel Gondar Carballa.
- MELLOR DEPORTISTA “PROMESA” FEMININA RIBADUMIENSE
Finalistas: Alba Falcón Penín (BTroula) e Ainoa Feijóo Cid (Club Náutico O Muíño).
Gañadora: Ainoa Feijóo Cid.
- MELLOR DEPORTISTA RIBADUMIENSE MASCULINO
Finalistas: Celestino Iglesias Cores (Desguaces Tino Racing) e Pablo Oubiña Fernández (UMIA CF).
Gañador: Celestino Iglesias Duarte (Desguaces Tino Racing).
- MELLOR DEPORTISTA RIBADUMIENSE FEMININA
Finalistas: Iria Ferreiro Rodríguez (UMIA CF), Carla Piñeiro Esperón (UMIA CF) e Alba Vázquez Lafuente (Club Náutico O Muíño).
Gañadora: Alba Vázquez Lafuente.
- MELLOR DEPORTISTA MASCULINO NON RIBADUMIENSE
Finalistas: Manuel Fontán Señoráns (Club Náutico O Muíño), Roberto Pazos Agra (CD Ribadumia) e Adrián Sieiro Barreiro (Club Náutico O Muíño).
Gañador: Manuel Fontán Señoráns.
- MELLOR DEPORTISTA FEMININA NON RIBADUMIENSE
Finalistas: Desirée Fernández Rey (Club Ciclista Ribadumia), María Pérez Aragunde (Club Náutico O Muíño), Minerva Riveira Hermida (UMIA CF) e Mª Luisa Seijas Mallo (CD Ribadumia).
Gañadora: María Pérez Aragunde (Club Náutico O Muíño).
- MELLOR EQUIPO MASCULINO
Finalistas: Benxamín ‘A’ CD Ribadumia, Club Náutico O Muíño absoluto e Umia Infantil ‘A’.
Gañador: Club Náutico O Muíño absoluto.
- MELLOR EQUIPO FEMININO
Finalistas: Club Náutico O Muíño absoluto feminino, Umia Sénior ‘B’, Principiante feminino Club Ciclista Ribadumia.
Gañador: Club Náutico O Muíño absoluto feminino.
- MELLOR CLUB DEPORTIVO
Finalistas: CD Ribadumia, Club Náutico O Muíño, UMIA CF.
Gañador: Club Náutico O Muíño.
- MELLOR ADESTRADOR/PREPARADOR
Finalistas: Moisés Campos Maneiro (UMIA CF), Roberto Pazos Agra (CD Ribadumia) e José Manuel Vázquez Navia (Club Náutico O Muíño).
Gañador: José Manuel Vázquez Navia.
- PREMIO Ó MÉRITO DEPORTIVO
Finalistas: José Manuel Castro Vázquez ‘Txu’ e José Manuel Vázquez Núñez.
Gañador: José Manuel Vázquez Núñez.
- PREMIO PATROCINADORES
Finalistas e gañadores: Kiwi Atlántico, O Tío Benito, CREYCO, Desguaces Leiro e Galventus.
- PREMIO Á COMUNICACIÓN
Finalistas: Faro de Vigo e Fito Gago (Faro de Vigo).
Gañador: Fito Gago.
- PREMIO AO ARRAIGO RIBADUMIENSE
Finalistas: Francisco Javier García Parada (Club Náutico O Muíño), Edgar Barreiro Chapela (halterofilia) e Ana Abuín Pazos (atletismo).
Gañador: Edgar Barreiro Chapela.
- MENCIÓN ESPECIAL
Finalistas e gañadores: Celestino Iglesias Duarte e D. Dositeo Valiñas Fernández.
Ao final do acto, entregáronselles unha mención especial a D. Dositeo Valiñas e a Tinín Iglesias, á vez que o Concello de Ribadumia homenaxeou a Bárbara Gómez Oubel, pois además de estar vinculada directamente co noso municipio, tamén foi finalista desta festa do deporte noutras ocasións.




