Inicio O Condado Representantes do Consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas participan nas...

Representantes do Consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas participan nas III Xornadas Cidades Amigas da Infancia

Representantes do Consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas participan nas III Xornadas Cidades Amigas da Infancia O consello da Infancia e da Adolescencia de Ponteareas estivo hoxe presente nas III Xornadas Formativas de Cidades Amigas da Infancia en Galicia, organizado pola FEGAMP en colaboración con UNICEF

Acompañadas da concelleira de Ensino e tenenta de alcalde, Cristina Fernández, e do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, Hirut Philippon Salinas e Nicolás Paul Quiroga Snyder representaron ao noso consello para falar de asuntos relacionados coa Ensinanza.

Na vila coruñesa de Boqueixón mantiveron un encontro coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para expor as súas principais preocupacións, os dereitos das nenas e dos nenos, a pobreza, o cambio climático, a participación, a protección e outros asuntos que herdan das mans dos adultos e que son o seu presente, un presente no que queren participar para ter un futuro máis axeitado ás súas demandas.

O Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF ten o obxectivo de impulsar un modelo de xestión municipal centrado nos dereitos de infancia. Coa implementación deste programa, mellóranse as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes, mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garantan o seu desenvolvemento integral desde un enfoque de dereitos.

Actualmente 9 concellos de Galicia xa contan co recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia, pero siguen traballando para que sexa unha realidade en máis concellos, co fin de mellorar o benestar dos nenos, nenas e adolescentes da nosa comunidade.

Nestas xornadas participaron alcaldías, concelleiros/as e técnicos con competencias en materia de infancia, familia ou servizos sociais, así como profesionais de entidades que desenvolvan o seu labor profesional no ámbito dos servizos sociais, educación ou protección de menores.

Seguindo na liña da participación recollida na estratexia de crecemento “Ponteareas, Hábitat Saudable” Cristina Fernández e Miguel Bouzó salientan a importancia de que sexan as mozas e os mozos os que dialoguen directamente cos responsables e profesionais dos asuntos relacionados co seu presente e co seu futuro.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

- Publicidade -


+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies