Inicio Galicia A Xunta lanza 'Elixe Galicia' para que os galegos viaxen pola súa...

A Xunta lanza ‘Elixe Galicia’ para que os galegos viaxen pola súa Comunidade

A Xunta subvencionará a 12.800 galegos o 40% das súas estadías turísticas internas
Cedida por Turismo de Galicia

O novo programa ‘Elixe Galicia’ favorecerá a desestacionalización da actividade turística na Comunidade e impulsará o coñecemento e orgullo de Galicia

Elixe Galicia, o novo programa que impulsa a Consellería de Cultura e Turismo sácate de vacacións. Co obxectivo de descentralizar a actividade turística e fomentar a creación de emprego no sector, a Xunta subvencionará 12.800 estadías en zonas costeiras, patrimoniais, naturais e termais de Galicia dirixidas a menores de 30 anos, familias con fillos menores e persoas maiores de 55 anos. Todas elas realizaranse en provincias distintas ás de orixe do beneficiario, co fin de dar a coñecer as particularidades e os encantos da comunidade a todos os galegos e galegas.

A Xunta subvencionará a 12.800 galegos o 40% das súas estadías turísticas internas
Cedida por Turgalicia

O programa está composto por catro modalidades, todas en réxime de pensión completa e con transporte desde as catro capitais de provincia, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol. Unha delas é “vacacións en zonas costeiras”, que terá unha duración de cinco días e catro noites, en hoteis de un mínimo de tres estrelas. Outra opción son as “rutas de patrimonio histórico e cultural”, cunha duración de tres días e dúas noites en hoteis de, alomenos, dúas estrelas, con visitas programadas e guía turístico. Tamén unha duración de tres días e dúas noites en hoteis terán as “rutas de natureza e montaña”, que contarán con guías especializados para dirixir dúas excursións ou actividades de sendeirismo. Por último, a cuarta modalidade é a de “estadías en balnearios”, cunha duración de cinco días e catro noites, en hoteis situados a unha distancia non superior a 20 quilómetros do balneario, talaso ou establecemento de saúde e benestar de destino.

A Xunta subvencionará a 12.800 galegos o 40% das súas estadías turísticas internas

Os meses de verán e a Semana Santa quedan fóra dos períodos ofertados para favorecer o turismo interno en tempada media e baixa. A Xunta achegará o 40% do custe da estadía, tendo un prezo para o usuario que oscilará entre os 117 e os 246 euros.

A apertura da convocatoria para beneficiarse deste programa que aposta polo turismo descentralizado terá lugar no primeiro trimestre de 2020, e a saída inaugural, no mes de marzo. A selección realizarase por sorteo, con reserva de prazas para colectivos especiais como familias numerosas, persoas con discapacidade ou persoas con baixos ingresos. Un total de 12.800 prazas, distribuídas en 6.100 para o ano 2020 y 6.700 para 2021, están agardándote para elixir Galicia como lugar de destino.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies