spot_img
InicioCondado ParadantaReplantan especies autóctonas na Illa de Fillaboa para convertela nun referente de...

Replantan especies autóctonas na Illa de Fillaboa para convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambiente

Replantan especies autóctonas na Illa de Fillaboa para convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambienteEntre as diferentes accións a realizar polo proxecto “Visit Río Miño” está a replantación de especies autóctonas na Illa Fillaboa, co fin de potenciar o aproveitamento das condicións naturais deste excepcional espazo natual.

O Concello de Salvaterra de Miño a través da AECT Río Miño e en colaboración coa Deputación de Pontevedra é beneficiario do proxecto “Visit Río Minho”, un proxecto ecoturístico, financiado un 75% por fondos europeos e que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros que están sendo  investidos na preservación e valorización do territorio Río Miño transfronteirizo, o cal abarca 26 municipios galegos e portugueses.

O obxectivo de ” Visit Rio Minho” é a capitalización do río e do territorio adxacente a través de actividades transfronteirizas preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino turístico, e dentro das diferentes accións a realizar está a replantación de especies autóctonas na Illa Fillaboa, co fin de potenciar o aproveitamento das condicións naturais deste excepcional espazo natural.

A través desta acción preténdese mellorar a vexetación do propio entorno e convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambiente, pasando a ser unha visita obrigada en Salvaterra para todos os que desexen gozar da natureza do río Miño e a súa contorna. Replantación que complementa o resto de acción que se levarán a cabo dentro do Proxecto Europeo Río Miño destino navegable, que busca por en valor o entorno do Miño dunha forma sustentabel.

Replantan especies autóctonas na Illa de Fillaboa para convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambiente

ILLA FILLABOA

A Illa Fillaboa, de titularidade municipal, encóntrase na desembocadura do río Tea, dentro do LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) do Baixo Miño ES114007, incluída en Rede Natura 2000, e conta cunha superficie en torno  aos 100.000m2. Nesta acción plantaranse árbores das especies: quercus suber, quercus Robur, Alnus Glutinosa, Laurus Nobilis, Fraxinus Angustifolia e Acer Pseudoplatanus.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.