spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaConcello e hosteleros da Cañiza convidan a gozar do "Cocido Caciñense"

Concello e hosteleros da Cañiza convidan a gozar do “Cocido Caciñense”

Concello e hosteleros da Cañiza convidan a gozar do "Cocido Caciñense"A Cañiza celebra os días 23 e 24 de octubre a II Edición do “COCIDO CAÑICENSE”. Un evento gastronómico promovido, impulsado e organizado conxuntamente polo concello e polos hostaleiros da localidade.

A Cañiza é terra famosa pola calidade dos seus xamóns e polos seus excelentes cocidos. Dos mellores de Galicia. Por iso e co inicio do outono, restaurantes e concello poñen en marcha esta nova edición, coincidindo coa baixada das temperaturas que é como mellor se saborea este prato único que durante décadas congregou entorno ás mesas das nosas xentes a familias e amigos. Un prato que sólo na Cañiza se converte en arte culinario.

E o seu segredo está envolto nos aires das nosas cumes que posúen un microclima especial para o curado dos produtos do porco. Un aire frío e seco que consegue optimizar o curado e outorgar ás carnes o mellor sabor.

Son moitos os padais que xa coñecen o cocido, ainda así os hostalairos queren coa organización desta segunda edición, conseguir máis “seguidores” deste prato tradicional, esmerándose en cociñalo con todo o agarimo, preparado con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo,  orella,  cacheira,  lacón,  touciño e costela de porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou  “Bica” e regado polos viños brancos  e tintos, a gusto do cliente, da denominación de orixen Rías Baixas, tamén da Cañiza, Abelan e Eido da Fonte.

Antes ou despois deste prato ofrecerase un  caldo servido en  tazón. E como en toda boa comida, non pode faltar a sobremesa. Arroz con leite ou leite frita e café. Ademáis haberá un pequeño agasallo para cada comensal.

O Concello e os hostaleiros da Cañiza queremos convidarvos a gozar dunha agradable xornada culinaria durante este fin de semana na Cañiza. Para iso vos aconsellamos reservar en calquera dos 8 restaurantes participantes nesta II edición do “Cocido Cañicense”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.