Inicio Pontevedra Baixo Miño Refoxos, na parroquia de Lorureza (Oia), un lugar con encanto que mellora...

Refoxos, na parroquia de Lorureza (Oia), un lugar con encanto que mellora en accesibilidade

En 2017 os vecinos de Refoxos recibiron a noticia de que a Deputación de Pontevedra ía realizar unhas obras por un importe de máis de 100.000 euros, coa finalidade de acondicionar un espazo que para eles é de vital importancia, xa que seus 2 km cruzan a totalidade deste lugar da parroquia de Loureza

Hoxe a deputada de Emprego, Montse Magallanes, e o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, xunto á alcaldesa de Oia, Cristina Correa, visitaron estas obras no camiño de Refoxos, que constan de asfaltado, saneamento e peches, e que foron impulsadas polo concello de Oia ao abeiro do Plan Concellos 2017.

A OBRA:

A obra comprendeu a execución da ampliación da red de saneamiento na parroquia de Loureza, concretamente nun tramo do Camiño Refoxos para conectalo ao colector xeral.

O proxecto non só serviu para instalar a rede de sumidoiros na zona, senón tamén para ampliar o propio camiño e facelo máis accesible, asfaltándoo e no seu caso coa reconstrución de muros de mampostería.

…ainda queda un treito por facer.

A visita a esta obra, permitiunos tamén achegarnos a un dos moitos e suxestivos espazos cos que conta a provincia de Pontevedra e que temos moi preto de nós.

Onde está:

O municipio de Oia, está situado na comarca de Baixo Miño. O que máis coñecemos é a súa costa, pero hai que destacar que os máis de 84 km. de extensión, unha parte moi importante da súa riqueza natural atópase na parte interior e montañosa. Conta con algo máis de 3.000 hab. que se reparten en seis parroquias: Mougas, Pedornes, Oia, Viladesuso, Burgueira e Loureza, da que vamos coñecer algo máis.

O máis destacable de Loureza é a súa piscina natural

Siguiendo o curso do río Tamuxe ata o centro da parroquia de Loureza atopamos esta piscina natural, zona de baño e recreo ideal para os máis pequenos. Este magnífico treito do río coas súas augas tranquilas e cristalinas, de pouca profundidade e a contorna natural, convérteno no lugar idóneo para relaxarse e gozar dun día rodeado de natureza.

Piscina natural en Loureza-foto cedida polo Concello de Oia

Ainda que percorrendo o camiño de Refoxos, descubrimos moitas máis cousas. No volo contamos todo, tedes que descubrílo .

Antigo muiño
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies