spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Gondomar CF presenta novo escudo e imaxe corporativa

O Gondomar CF presenta novo escudo e imaxe corporativa

O Centro Neural de Gondomar acolleu onte a presentación da nova imaxe corporativa do centenario Gondomar CF, un dos clubs máis antigos de Galicia.

O acto contou coa presenza de Moisés Iglesias, presidente do Club; Delfín Alonso, delegado Vigo RFGF; Fernando Iglesias, Vicepresidente RFGF e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira. Tamén acudiron representantes de varios clubs, técnicos e adestradores do fútbol galego, desde primeira división a Terceira, pasando por categorías rexionais e 2ª B, demostrando todos eles o agarimo que se lle ten ao Club, deixando pequeno o recinto.

Deseñado polo gondomareño Mak Aguiar ( Andrés Aguiar), a centenaria entidade presentou a súa nova imaxe corporativa.

En palabras do propio Mak “Un escudo que rompe esquemas en canto a deseños, pero elegante e formal, á vez que serio. Utiliza a G, o ano de fundación do Club e o nome da entidade, para formar o conxunto dun escudo azul mariño, recuperando cunha pincelada vermella, a unión coas súas orixes”.

NOVA SECCIÓN DEPORTIVA

Con todo, o protagonismo foi compartido, pois ao novo escudo sumouse outro, o dunha nova sección deportiva que espertou as maiores ovacións da presentación: a chegada dos eSports. Como explicou o seu responsable Juanjo Santos, “unha sección que abarca deportes electrónicos de alto rendemento, onde o Club contará con varios equipos de diferentes modalidades, que competirán profesionalmente”. O GCF eSports estará presente en todas as disciplinas que abarquen competicións profesionais do xogo dixital. As redes sociais para poder seguir, solicitar información ou querer participar son @ GCF_ eSports Esta sección deportiva conta cun logotipo propio, que recolle o novo escudo do Club, pero que lle dá un aire que o achega ao mundo dixital. Un emblema que dota de modernidade á historia da vila, co rostro de Diego Sarmiento, o máis representativo dos Condes de Gondomar.

NOVAS REDES DO CLUB

Por último, o Club tamén presentou as Redes Sociais oficiais, que son @ gondomarcf tanto para Facebook como Twitter e Instagram. Ademais, presentouse a páxina web www.gondomarcf.com na que se recollerá todo tipo de información relativa á entidade.

- Publicidade -spot_img