
En 2017 os vecinos de Refoxos recibiron a noticia de que a Deputación de Pontevedra ía realizar unhas obras por un importe de máis de 100.000 euros, coa finalidade de acondicionar un espazo que para eles é de vital importancia, xa que seus 2 km cruzan a totalidade deste lugar da parroquia de Loureza
Hoxe a deputada de Emprego, Montse Magallanes, e o deputado de Turismo, Santos Héctor Rodríguez, xunto á alcaldesa de Oia, Cristina Correa, visitaron estas obras no camiño de Refoxos, que constan de asfaltado, saneamento e peches, e que foron impulsadas polo concello de Oia ao abeiro do Plan Concellos 2017.
A OBRA:
A obra comprendeu a execución da ampliación da red de saneamiento na parroquia de Loureza, concretamente nun tramo do Camiño Refoxos para conectalo ao colector xeral.

O proxecto non só serviu para instalar a rede de sumidoiros na zona, senón tamén para ampliar o propio camiño e facelo máis accesible, asfaltándoo e no seu caso coa reconstrución de muros de mampostería.

A visita a esta obra, permitiunos tamén achegarnos a un dos moitos e suxestivos espazos cos que conta a provincia de Pontevedra e que temos moi preto de nós.
Onde está:
O municipio de Oia, está situado na comarca de Baixo Miño. O que máis coñecemos é a súa costa, pero hai que destacar que os máis de 84 km. de extensión, unha parte moi importante da súa riqueza natural atópase na parte interior e montañosa. Conta con algo máis de 3.000 hab. que se reparten en seis parroquias: Mougas, Pedornes, Oia, Viladesuso, Burgueira e Loureza, da que vamos coñecer algo máis.
O máis destacable de Loureza é a súa piscina natural
Siguiendo o curso do río Tamuxe ata o centro da parroquia de Loureza atopamos esta piscina natural, zona de baño e recreo ideal para os máis pequenos. Este magnífico treito do río coas súas augas tranquilas e cristalinas, de pouca profundidade e a contorna natural, convérteno no lugar idóneo para relaxarse e gozar dun día rodeado de natureza.

Ainda que percorrendo o camiño de Refoxos, descubrimos moitas máis cousas. No volo contamos todo, tedes que descubrílo .





