spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela traballa na recuperación dos xardíns da Xunqueira situados na traseira dos...

Redondela traballa na recuperación dos xardíns da Xunqueira situados na traseira dos xulgados

Redondela traballa na recuperación dos xardíns da Xunqueira situados na traseira dos xulgadosA alcaldesa de Redondela Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, visitaron esta mañá os xardíns da Xunqueira, na zona situada na traseira do edificio dos xulgados, onde o Concello realiza traballos de recuperación para dotar a Redondela dun novo espazo verde urbano para desfrute da cidadanía.

Como primeiro paso, colocáronse diversos elementos de mobiliario urbano como mesas e papeleiras e renováronse os bancos xa existentes. Rematada xa esta primeira fase, tal e como comprobaron a alcaldesa e o concelleiro, a vindeira semana iniciarase a colocación do céspede para que, unha vez rematada, as veciñas e veciños poidan contar cun novo lugar de esparexemento.

Os traballos, tal e como explica a alcaldesa Digna Rivas, buscan “recuperar espazos infrautilizados no casco urbano de Redondela para poñelos a dispor da cidadanía e que conten con zonas verdes céntricas”. Nese sentido, Digna Rivas e Alberto Álvarez, lembraron a recente posta en valor dos xardíns de Regojo, unha zona abandonada e degradada, “no que a maiores de ofrecer un novo espazo de lecer, faise unha homenaxe e recordatorio á historia industrial do municipio

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.