spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela reordenará os accesos á Senda da Auga para garantir a seguridade...

Redondela reordenará os accesos á Senda da Auga para garantir a seguridade de peóns e ciclistas

Redondela reordenará os accesos á Senda da Auga para garantir a seguridade de peóns e ciclistasOs traballos inclúen a mellora da sinalización dende Chapela a San Esteban con zonas de prohibición de circulación agás residentes e avisos nos cruces do tránsito de peóns e bicicletas

O Concello de Redondela desenvolve nestes días a reordenación dos accesos á Senda de Auga dende a parroquia de Chapela ata San Esteban, de cara a garantir a seguridade das numerosas persoas que utilizan dita senda e que tamén é moi frecuentada por bicicletas ao ser una ruta que percorre un espazo natural privilexiado.

Os traballos de sinalización inclúen sinais de prohibición de circulación de vehículos agás residentes, e a instalación de paneis reflectores de 60 x 40 cm en todos os cruces nos que advirte da circunstancia de estar nunha zona utilizada por peóns e ciclistas.

A reordenación do tráfico na zona, explica a alcaldesa Digna Rivas, “era necesaria se temos en conta que é un dos accesos que se utilizaban para o denominado ‘o mellor banco do mundo’ situado en Cedeira, o que ocasionaba problemas, non só a peons e ciclistas na senda da auga, senón tamén aos veciños e veciñas que residen ao longo dese treito agora sinalizado”.

Os traballos que agora se desenvolven eran unha vella demanda da veciñanza residente na zona “sen que ata o de agora –explica a alcaldesa– ditas reivindicacións foran tidas en conta polos anteriores gobernos”. En todo caso, a esta primeira medida iranse engadindo outras a medida que vaian sendo precisas e coa intención, sobre todo, de garantir a calidade de vida das veciñas e veciños”

O Concello de Redondela deixa claro que non se trata, en ningún caso, de impedir o acceso ata a zona, subliña a rexedora, “senón de que se faga dun xeito racional e o mais ordenado posible establecendo, claramente, ata que punto poden chegar os vehículos sen supoñer un risco para peóns e ciclistas e para non interferir na vida diaria da veciñanza da zona”.

Foto: Turismodevigo

- Publicidade -spot_img