spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona inaugura o cuarto centro de compostaxe no entorno da Escola Infantil...

Baiona inaugura o cuarto centro de compostaxe no entorno da Escola Infantil Galiña Azul

Baiona inaugura o cuarto centro de compostaxe no entorno da Escola Infantil Galiña AzulO Concelleiro de Medio Rural, Iago Pereira procedeu hoxe  Mércores 26 de Agosto ás 10 da mañá a inaugurar o cuarto centro de compostaxe comunitaria do Concello no entorno da escola infantil “A Galiña Azul” de Baiona.

O Concello de Baiona, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, dispón nestes momentos de 3 centros de compostaxe comunitaria no parque dos Tendais, na rúa Burgo e no Camiño do Carme en Sabarís que funcionan con gran éxito de participación e coñecemento por parte da cidadanía e que permiten tratar dun xeito máis sostible a fracción orgánica do lixo conforme as últimas directivas comunitarias, aforrar custes de xestión do lixo e obter un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo.

Ante o incremento do uso destas instalacións, a Concellería de Medio Rural  segue apostando pola economía circular ca instalación deste cuarto centro que atenderá os residuos orgánicos xerados na escola infantil así como aqueles dos veciños dos edificios colidantes.

A Concellería de Medio Rural anima a cidadanía a achegarse a este novo centro así coma os 3 xa instalados para depositar os seus residuos orgánicos para unha xestión máis sostible do lixo que evita emisións contaminantes á atmósfera, xera aforros na xestión do lixo e consegue un fertilizante natural con excelentes propiedades para aplicar no solo.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.