spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela recupera a Fonte da Raíña, na parroquia de Cedeira

Redondela recupera a Fonte da Raíña, na parroquia de Cedeira

Redondela recupera a Fonte da Raíña, na parroquia de CedeiraO Concello de Redondela deu por concluídos os traballos de recuperación da Fonte da Raíña, elemento patrimonial situado na parroquia de Cedeira –preto do Camiño Portugués da Costa– e situado dentro da contorna de protección de outros elementos de patrimonio cultural da zona.

Dadas as característicos dos traballos –que se desenvolveron grazas a subvención concedida ao abeiro das denominadas “Axudas para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago–, “estiveron sempre baixo a supervisión de técnicos/as restauradores/as e, aqueles traballos que requiriron de especial tratamento, foron levados a cabo por expertos/as en restauración”, explica a concelleira de Patrimonio, María Castro.

Conta, ademais, cun nicho de pedra silvestre coroado cun elemento en forma de campá, que dispón dunha concavidade onde se sitúa un pedestal cunha escultura do Santo André no seu interior, pechado cunha rexa metálica de ferro, composta por catro varandas verticais e dúas horizontais.

O informe preliminar, daba conta do alto estado de deterioro en que se atopaba este interesante ben patrimonial xa que a simple inspección visual permitía observar unha serie de patoloxías que afectan ao material principal de construción (pedra natural) e aos elementos metálicos que a compoñen.

Así as pezas exteriores da fonte están recubertas dun depósito escuro que pode tratarse de sucidade ou microorganismos. Do mesmo xeito apreciouse a abundancia de liques, que se ben “non soen progresar ata o interior da pedra pero que producen un deterioro da súa microestrutura a nivel superficial”, deterioro que tamén producen outros organismos vexetais que se apreciaron durante a avaliación do estado da fonte.

Como primeiro paso para a restauración da fonte, procedeuse á retirada da figura de Santo André, que, lamentablemente, estaba en peor estado de conservación do esperado, xa que contaba con diversas fisuras na parte posterior que non se observaban a primeira vista.

A partir de aí, traballouse na recuperación da Fonte da Raíña eliminando as costras, liques e organismos vexetais cunha limpeza de todos os elementos de cantería por medios manuais e en vía húmida, traballos supervisados por un restaurador.

Posteriormente procedeuse á eliminación de gretas e xuntas de cantería ou encintados, por parte dun restaurador titulado, profesional que tamén encargouse da reintegración volumétrica de faltas en elementos de cantería que dean solución ás roturas e desprendementos que presenta a fonte. Doutra banda, e aínda que os informes non o consideran “unha patoloxía” restaurarase a reixa de fundición que protexe a imaxe.

A recuperación da Fonte da Raíña, sinalan a alcaldesa Digna Rivas, e a concelleira de Patrimonio, María Castro, “supón un paso máis na posta en valor do rico patrimonio que posúe o noso municipio e que, como no caso do cemiterio de Eidos, estaba totalmente esquecido e nun lamentable estado de conservación”.

Unha vez rematadas as obras, o Concello realizará revisións rutineiras para eliminar elementos vexetais que alteren a superficie da pedra e, cada catro anos, realizaranse limpezas superficiais sempre a mans dun técnico/a restaurador/a ou baixo a súa supervisión.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.