spot_img
InicioBaixo MiñoA Asociación Muiñeiros do río Tripes ultima os traballos na parcela do...

A Asociación Muiñeiros do río Tripes ultima os traballos na parcela do Muíño do Mañoco de Tui

A Asociación Muiñeiros do río Tripes ultima os traballos na parcela do Muíño do Mañoco de TuiEsta semana remata o prazo establecido pola Consellería de Cultura e Turismo para os traballos de mellora da contorna do muíño do Mañoco, en Tui
Esta obra está promovida pola Asociación Muiñeiros do río Tripes ao abeiro da liña de axudas para actuacións de mellora paisaxística, embelecemento de bens e recursos que se atopen no Camiño de Santiago (TU501 D) e conta cun investimento de 13.800 € dos cales o 75% (10.000 €) son sufragados pola Consellería.
Dende que a asociación asumiu a cesión desta parcela, propiedade da Fundación Félix Rodríguez, levou a cabo diversos traballos de roza e eliminación de vexetación invasora. Así coma a tramitación dos pertinentes permisos perante a Dirección Xeral de Patrimonio , a CHMS e o Concello de Tui, previos a esta actuación de desentullo e adecuación da parce la do muíño, que se atopaba moi degradada polos diferentes recheos e o abandono.
As actuacións, supervisadas e dirixidas por un equipo de arqueólogos, están resultando moi proveitosas xa que están a recuperar diferentes elementos que permanecían soterrados.
O máis destacable, ata o momento, é a gran canalización na saída de auga do muíño que se prolonga ao longo de toda a parcela en paralelo ao río. Esta construción non estaba documentada e foi un dos achados deste traballo arqueolóxico.
Outra das evidencias que están quedando comprobadas é o cambio da cota da canle fluvial e dos terreos anexos, moito máis elevados na actualidade que no momento da construción do muíño en época medieval. Un feito que está supondo un maior traballo e complexidade na tentativ a de restablecer a paisaxe orixinal do muíño e a súa contorna.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.