spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela presenta a programación cultural do Inverno 2023 coa novidade dos ciclos...

Redondela presenta a programación cultural do Inverno 2023 coa novidade dos ciclos gratuítos de ‘Saúde e Benestar’ e de ‘Maxia Infantil’

Redondela presenta a programación cultural do Inverno 2023 coa novidade dos ciclos gratuítos de ‘Saúde e Benestar’ e de ‘Maxia Infantil’Este ano é o 40 aniversario de Tanxarina, polo que ten un oco especial cada mes para representar as súas obras máis míticas e populares.

Cousas de revista nº16

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, presentan a programación cultural Inverno 2023 que abarca dende o mes de febreiro ata o 6 de maio e na que o Concello mantén a súa firme aposta polo teatro, tanto adulto como infantil. Este ano é o 40 aniversario de Tanxarina, polo que ten un oco especial cada mes para representar as súas obras máis míticas e populares.

Redondela presenta a programación cultural do Inverno 2023 coa novidade dos ciclos gratuítos de ‘Saúde e Benestar’ e de ‘Maxia Infantil’

As novidades deste ano inclúen o cicloCultívate, Ciclo de Saúde e Benestar’, onde ofrécense durante 4 meses charlas sobre alimentación saudable, pero tamén de expresión corporal e escritura creativa coa intención de usar o poder desta de forma terapéutica. En definitiva, un ciclo para cultivar a mente e o corpo. Todos os obradoiros son gratuítos, trabállanse en grupo, invitado á dinámicas e impulsando a participación activa e o movemento. Outro dos puntos novidosos da programaicón é o Ciclo de Maxia Infantil da mán de distintos profesionais como o Mago Dani Polo (26 de febreiro),  Mago Tomico (5 de marzo) e o Mago Noel (16 de abril) que se impartirán no auditorio da xunqeira de balde.

Dentro do programa, tal e como explicaba a alcaldesa Digna Rivas, inclúense actividades “que pola súa importancia lúdica, como é o Entroido; reivindicativa como os actos do 8 de Marzo ou tradicional como o Día dos Maios, desenvolverán un guión de actividades propias e diferenciadas que se darán a coñecer oportunamente”.

A alcaldesa, que agradeceu “o traballo realizado pola Concellería de Cultura para dar forma a un programa variado e con actividades para todos os públicos”, puxo o foco de atención na “firme aposta” que se segue a facer dende o Concello polo teatro tanto adulto como infantil.

O teatro adulto ocupa tamén un lugar destacado no programa cco Ciclo ‘Vive o teatro’ no que se representarán distintas obras de distintas compañías ao longo dos próximos meses. Este vindeiro 11 de febreiro comezan coa obra ‘De algo hai que morrer’ da agrupación Malasombra Producións.

No que aos actos máis inmediatos fai referencia, amais da xa sinalada posta en escena de ‘De algo hai que morrer’ o 12 de febreiro, no auditorio do multiúsos da Xunqueira, terá lugar a representación de teatro infantil ‘As bombas e o xeneral’, da compañía redondelá Tanxarina para celebrar o seu 40 aniversario. O prezo das entradas será de 3 euros.

ENTROIDO

O 18 de febreiro, celébrase o esperado entroido comezando polo Entroido Infantil e Xuvenil  que consiste en actividades variadas como obradoiros de temática entroido na Alameda de Castelao en horario de 17 horas a 19:30 horas. A partir das 18 horas da tarde  os pasarrúas encherán as rúas da vila comezando en Alfonso XII e rematando na Rúa Xeneral Rubín. No Campo da Feira a festa continúa para o público xuvenil e adulto cos concertos de Gin Toni´s  + Maneiras de vivir de 21:00 horas  a 23:00 horas onde soará a mellor música do pop rock español da década dos 80 á actualidade. Xa entrada á madrugada, cara as 23:15 horas, tocará a banda Bulsara- The Queen Experience (tributo a Queen) seguida de Disco Móvil CDC ás O:45 horas.

O 19 de febreiro pola mañá continúa o entroido dedicado aos maís cativos e cativas coa mostra de disfraces infantil na Alameda de Castelao a partir das 11:30 horas na que se repartirán premios por categorías. Ás 17 horas da tarde comezan as comparsas no Campo da Feira xunto coa animación musical e pasarrúas da Asociación de Percusionistas e Tamborileir@s Aperta. As 18:00 horas é a quenda das comparsas que estarán acompañadas da  comparsa representativa do entroido de Redondela “Tío Emilio”, rematando ás 20:30 horas coa entrega de premios.

A Queima do Meco de Redondela será o 21 de febreiro ás 19:00 horas xunto co pasarrúas e espectáculo a cargo de Pablo Méndez Performances que sae da Praza de Ribadavia. Este día tan importante para o entroido redondelá completase con actividades ao longo de todo o día, comezando cun desfile e concurso de disfraces individual e colectivo. Para apuntarse a esta actividade é obrigatorio facelo de forma presencial ás 16 horas nos soportais do Concello, porque o propio desfile comeza ás 17:00 h e remata ás 19:30 horas coa entrega de premios. Non faltarán tamén actuacións musicais a partir das 17 horas da tarde da mán de Batucada Brassica Rapa , a primeira fanfarria galega 100% feminina, e simultáneamente “As Meigas” animarán á veciñanza  acompañadas dunha cacerola de feitizos xigante. Para rematar á tarde ás 20:30 horas, despois da Queima do Meco, porá música a discoteca móbil “A Duendeneta” .

O Entroido de Chapela celébrase o  25 de febreiro comezando ás 17 horas da tarde coa concentración de comparsas no Alto da Encarnación. Ao igual que acontecera antes en Redondela, a Asociación de Percusionistas e Tamborileiros ‘Aperta’ será a encargada de animar as rúas para, ás 18 horas partir a triste comitiva do Enterro do Berete dende o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga onde, cara ás 20.30 horas terá lugar a súa queima. Pola noite, no Paseo Marítimo de Chapela actuarán aorquesta Grupo América de Vigo (21 horas) seguid de DJ Charlie a partir das 00:00 horas.

A alcaldesa Digna Rivas destaca que, “aínda que Redondela é coñecida polo entroido de verán a programación do entroido de inverno é igual de importante, demostrando que Redondela É ENTROIDO TODO O ANO”.

- Publicidade -spot_img