Inicio Vigo e área Redondela Redondela ponlle nome aos bancos e presume de Pier María Baldi

Redondela ponlle nome aos bancos e presume de Pier María Baldi

Redondela ponlle nome aos bancos e presume de Pier María BaldiO pintor dos Medici deixou unha lámina de Redondela que pasa por ser unha das imaxes máis antigas da vila

A Alameda de Castelao conta xa con varios bancos con placas que fan referencia, cada unha delas, a persoeiros que teñen relación co municipio, tanto de ámbito local como Casto Sampedro ou Reveriano Soutullo, coma a intelectuais ou artistas que, dunha ou doutra maneira, falaron de Redondela, como Julio Cortázar ou Dalí.

Do mesmo xeito, na Alameda de Rosalía de Castro, en Chapela, hai placas de persoas vencelladas a esta parroquia, coma Xela Arias ou Álvaro Cunqueiro, pois foi cando el era director, cando Faro abriu as súas oficinas en Chapela.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, subliñou que esta iniciativa promovida polo Servizo de Normalización Lingüística, continuará coa colocación de novas placas que “sirvan de homenaxe e tamén como elemento de divulgación cultural”.

Doutra banda, Digna Rivas, anunciou a realización de diversas actividades con motivo dos 350 anos da visita de Pier María Baldi a Redondela. Este pintor dos Medici, deixou unha lámina de Redondela que pasa por ser unha das imaxes máis antigas da vila. Precisamente, sobre esta acuarela, traballou Manuel Puga, autor do libro A Redondela de 1669 na acuarela de Pier María Baldi, libro que será presentado nas vindeiras semanas nun acto público.

A alcaldesa redondelá tamén adiantou que se colocará un panel coa reprodución da acuarela a gran tamaño, tras conseguirse os permisos da Biblioteca de Florencia e se realizarán unha serie de conferencias, o vindeiro ano, co reparto do libro entre o alumnado do municipio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies