Esta IX edición vaise celebrar o 15 de outubro cunha previa o día 8 en Redondela e os 22 e 23 na contorna de Meirande
O Museo Meirande acolleu hoxe a presentación da IX edición dos actos conmemorativos da famosa contenda naval e que este ano celebra o seu 320 aniversario (1702-2022)
Ao acto acudiron varios integrantes da Asociación Deportiva e Cultural de Rande, as concelleiras de Cultura, Iria Vilaboa, e de Turismo, María Castro, xunto á alcaldesa Digna Rivas
A programación dos actos está prevista para os días 15, 22 e 2 de outubro, con actividades tanto na vila de Redondela como nas inmediacións do museo Meirande e que inclúe obradoiros tradicionais de alfarería, lacrado e acuñación de moeadas, un desfile polo centro da Vila, representacións teatrais, concentración de barcos tradicionais,roteiros guiados pola enseada, espectáculo pirotécnico e a tradicional interpretción teatral da batalla, entre outros eventos e propostas para persoas adultas e cativas.
Desde a directiva da asociación, Elvira Barcia explicou que nas actuacións principais actuarán 20 actores, que levan ensaiando dende xullo e que darán vida aos principais persoaxes desta recreación histórica. Xunto a eles tamén participarán tamén preto de 80 figurantes e “cada ano é un reto, porque a obra vai cambiando, non é a misma todos os anos, para que a xente non se aburra de ver sempre o mesmo”. Barcia subliñou, que “os cambios sempre respetan a historia” e agradeceu a colaboración do Concello para a celebración deste evento, e tamén a implicación da veciñanza “que traballa durante meses para preparar as representacións”.
Pola súa banda a alcaldesa de Redondela Digna Rivas, quen agradeceu tamén o traballo da veciñanza “para facer posible este evento”, adiantou que como novidade este ano os actos incluirán o concerto dos “Carunchos” o día 22.
Este é o detalle da programación e os horarios:






