spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela lanza unha campaña para dinamizar os mercados de abastos e o...

Redondela lanza unha campaña para dinamizar os mercados de abastos e o comercio de proximidade

Redondela lanza unha campaña para dinamizar os mercados de abastos e o comercio de proximidadeA campaña, financiada polo concello, ofrece aos praceiros da praza de abastos, a posibilidade de entregar agasallos directos polas compras que realicen os usuarios e usuarias.

Revista COUSAS DE Nº15

O Concello de Redondela presenta unha campaña de dinamización dos mercados de abastos do municipio que, ao mesmo tempo, pon en valor a importancia do comercio de proximidade “como un dos eixos básicos da economía local”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A campaña, financiada polo concello, ofrece aos praceiros da praza de abastos, a posibilidade de entregar agasallos directos polas compras que realicen os usuarios e usuarias. Por ditas compras obterán bolsas para a compra, calendarios de mesa e calendario de parede que os comerciantes regalarán aos seus clientes por esta datas de nadal.

Ademais dos agasallos, o concello encargouse da decoración adornando as prazas de Redondela e Chapela con cores festivas e ornamentación de nadal. A rexidora quixo salientar a importancia dun comercio local e unhas prazas de abastos –Redondela e Chapela– “que teñen capacidade dabondo para ofrecernos todo o que precisemos para este Nadal”.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que a iniciativa presentada hoxe “é unha continuación anual dunha campaña global de posta en valor do comercio local e dinamización do mesmo nestas datas de Nadal”. Os agasallos desta iniciativa, foron adquiridos polo Concello de Redondela buscando o dobre obxectivo de, por unha banda, axudar ao comercio de proximidade nestes tempos complicados e, por outra, contribuír a dinamización comercial do municipio.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.