spot_img
InicioCondado ParadantaA San Silvestre de Salceda volta con forza e solidariedade

A San Silvestre de Salceda volta con forza e solidariedade

A San Silvestre de Salceda volta con forza e solidariedadeA carreira solidaria San Silvestre volta este Nadal ás rúas de Salceda para cumprir xa a súa X edición.

Revista COUSAS DE Nº15

Celebrarase o vindeiro venres 30 de decembro e comezará ás 21:30 horas. Partirá dende a Praza do Concello e percorrerá 3 kilómetros por diferentes rúas do casco urbano de Salceda de Caselas.

As persoas que desexen participar deberá realizar a súa inscrición antes do vindeiro 27 de decembro as 24:00 horas. Todos e todas as inscritas contarán coa cobertura dun seguro contratado polo concello para accidentes e lesións asociados a esta proba deportiva.

Para inscribirse as persoas interesadas deberán cubrir un formulario que poderán atopar no seguinte enlace dentro da páxina web da Escolas Deportivas Municipais https://www.deportesalceda.gal/san-silvestre-2022

A recollida de dorsais para os e as atletas participantes levarase a cabo entre as 19:00 e 21:00 horas do día 30 de decembro, no hall de entrada do Auditorio Municipal de Salceda, así como a recollida de leite para o Programa de Alimentos Municipal

Entregaranse premios para as primeiras persoas clasificadas en cada categoría e para rematar celebrarase un sorteo dun agasallo para entregar entre os e as atletas participantes que se atopen presentes na entrega de premios.

Rubén González Coto, Concelleiro de Deportes: “A San Silvestre xa se ven establecendo como unha cita sinalada dentro do calendario deportivo en Salceda que xa botábamos de menos, no que a xente participa dunha forma solidaria e festiva e que agardamos se asente por moitos anos como proba deportiva senlleira na comarca”.

Verónica Tourón, Alcaldesa: “Esta carreira que se disputa nestas datas do nadal xa constitúe unha peza fundamental da nosa programación municipal para estas festas. Unha proba na que a xente goza de poder correr polas rúas do noso pobo ao mesmo tempo que apoiamos unha causa solidaria”

- Publicidade -spot_img