spot_img
InicioVal MiñorBaionaExposición de 4 belenistas e concurso de Microbelenes no Multiusos Mercado de...

Exposición de 4 belenistas e concurso de Microbelenes no Multiusos Mercado de Sabarís

Exposición de 4 belenistas e concurso de Microbelenes no Multiusos Mercado de Sabarís En decembro iníciase o período por excelencia do belenismo de toda España. Miles de afeccionados aproveitan as festas para facer unha escapada familiar a distintos puntos da xeografía española e gozar dos mercados do Nadal, a iluminación especial dos centros urbanos e, como non, os beléns máis bonitos de España.

Revista COUSAS DE Nº15

Pola súa peculiaridade e especial relación con esta arte, Baiona, con esta exposición, intégrese na Ruta Belenista do noso país. Un turismo familiar ao redor desta tradición que, ademais o Concello informa que completa con outras actividades.

EXPOSICIÓN BELENISTAS

4 espazos (escaparates) do recinto expoñen os beléns dos máis destacados belenistas de Baiona

NANDO FERNÁNDEZ PENEDO, autor do Belen do Centro Cultural de Valladares e desde hai algúns anos en Gondomar (edificio da Policía Local). Todas as figuras están en movemento.

JUAN SANTOS ALDERETE, autor do Belén da Igrexa de Baiona e tradicionalmente un Belen no baixo da súa casa do casco antigo, ámpliamente coñecido polos veciños de Baiona. Con figuras de gran tamaño, adoita ser impresionante as paisaxes que compón.

MANUEL CAROU, realiza un belén visitable na súa casa de San Cibrán, xa recoñecido dentro da Ruta de Belenistas. Todas as figuras en movemento cun audio que narra o nacemento de Jesus.

MOSTRA COLECCIÓN LUÍS CRUCES, microbelenes do mundo

CERTAME DE MICRO-BELENES

Convocado polo Concello de Baiona coa colaboración de COEMSA e OVALMI, co ánimo de cultivar e protexer o noso patrimonio cultural, para conservar as nosas tradicións e costumes que fomentan as actividades en familia.

Un xurado formado por Belenistas outorgará os premios:

  • Belén máis orixinal
  • Belén máis traballado

O galardón ao máis popular será elixido segundo os votos do público que visite a exposición.

20 Microbelenes expóñense no MULTIUSOS de Sabarís do 15 de decembro 2022 ao 8 de xaneiro 2023 

Compleméntase este concurso co PREMIO PARA O MELLOR BELEN FAMILIAR EN DOMICILIO PARTICULAR para o que se presentaron nesta edición 8 Beléns Familiares.
PROGRAMACIÓN:
Inauguración, xoves15, 19:30 h Concerto Jorge,80:30 h
Visita coles de Sabarís, venres 16,12 h
Entrega premios Concurso Micro-Beléns, luns 26, 20 h Beléns en domicilio particular Ruta VISITA A BELNES, xoves 29,17:30 h
- Publicidade -spot_img