spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela inicia o proceso para a creación do Museo Ángel Barros

Redondela inicia o proceso para a creación do Museo Ángel Barros

Redondela inicia o proceso para a creación do Museo Ángel BarrosA alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, visitou nesta pasada semana a casa do pintor e restaurador redondelán, Ángel Barros para facerlle entrega da documentación precisa para iniciar o proceso de doazón da obra do artista ao pobo de Redondela.

Revista COUSAS DE Nº13

Este primeiro paso para a creación dun proxecto museístico coa obra de Barros, da cumprimento ao acordo plenario na que todos os grupos políticos apoiaron esta medida promovida por varias asociacións locais.

Durante a visita á vivenda de Ángel Barros no Camiño do Cadaval, Digna Rivas coñeceu con detalle o fondo pictórico do pintor e restaurador quen explicou a rexedora local, polo miúdo, os proxectos nos que está traballando e os detalles do proceso. Amais amosoulle numerosos cadros de pintores como O Greco, Velázquez, Rubens ou Vermeer, algúns deles expostos en pasadas exposicións feita en Redondela.

“A obra de Ángel Barros debe ser difundida e exposta como parte importante do patrimonio artístico redondelán”, afirmou Digna Rivas quen expresou ao artista “que a esta primeira iniciativa segurián outras como a catalogación da obra do pintor e a creación dun museo de acordo do propio artista”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.