spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela inaugura 'Filmoteca Galega'

Redondela inaugura ‘Filmoteca Galega’

Redondela inaugura 'Filmoteca Galega'Logo do éxito acadado polas últimas producións realizadas en lingua galega –O que arde, Longa Noite e Trinta lumes–, o Servizo de Normalización Lingüística dependente da Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas vén de impulsar unha iniciativa que, baixo o nome de ‘Filmoteca Galega’, busca crear un fondo propio que incluirá curtas e longametraxes, documentais e cine infantil.

O obxectivo, sinala Digna Rivas, “é seguir aumentando este fondo do cinema galego feito en galego e que Redondela, que sempre foi un referente histórico na defensa da nosa lingua, sexa tamén un lugar de referencia para o noso cinema”.

Coa posta en marcha desta ‘Filmoteca Galega’, o Concello de Redondela tamén anunciou a adquisición de novas películas como O que arde ou Dhogs que se poderán recoller tanto na biblioteca Xela Arias de Chapela como na Valle-Inclán de Redondela.

A posta en marcha desta Filmoteca Galega, sinala a rexedora local, “estaba prevista para o mes de maio co gallo do Día das Letras Galegas algo que a situación de alerta sanitaria impediu e que agora queremos incorporar ás actividades preparadas para o Día de Galicia”

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.