spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán regula o estacionamento de autocaravanas nas zonas da praia

Nigrán regula o estacionamento de autocaravanas nas zonas da praia

Nigrán regula o estacionamento de autocaravanas nas zonas da praiaA través dun bando extraordinario e de sinalización na zona, o Concello reserva 30 prazas en cinco aparcadoiros das diferentes praias para uso exclusivo de caravanas ou similares

O Concello de Nigrán editou un bando de carácter extraordinario que regula o estacionamento de caravanas o similares nas zonas de praia do municipio ata o 15 de outubro deste ano garantindo ao mesmo tempo os dereitos dos caravanistas a aparcar (non acampar) e dos demais usuarios que acuden en turismos.

Deste xeito, o Concello reserva mediante a sinalización correspondente 30 prazas de uso exclusivo de caravanas ou vehículos de similares dimensións en cinco zonas de praia (dúas áreas de Praia América, unha en Panxón e outras dúas en Patos).

“Consideramos que o turismo de caravanas é beneficioso para a propia economía de Nigrán e queremos protexer os seu dereito a aparcar nas zonas de praia, non acampar, e o facemos harmonizando o seu uso co dos demais bañistas”, indica o alcalde, Juan González, quen defende que o turismo de caravanas “está en auxe precisamente pola crise do covid-19 e é unha oportunidade máis para Nigrán que non se pode rexeitar”.

O Concello de Nigrán sinala no propio bando que as bolsas de estacionamento ao carón das praias son moi limitadas en relación ao número de persoas que se desprazan en vehículos ás mesmas, por esta razón, é preciso garantir o dereito a aparcar de todos establecendo zonas exclusivas para os de grandes dimensións e que, ao mesmo tempo, estes non ocupen o resto do espazo non destinado a eles desde as 10:00 ás 21:00 horas. “Trátase de harmonizar e regular polo interese de todos, non de prohibir”, incide González, quen aclara que “non é o mismo aparcar que acampar, xa que a acampada libre está expresamente prohibida”.

Así, as zonas onde as caravanas ou similares teñen xa a súa zona de estacionamento exclusivo son en Praia América na zona de Fonte Seca e o Mercado Multicultural; en Panxón no Campo de Redes e en Patos nas escolas de surf e Cansadoura.

- Publicidade -spot_img