Inicio Vigo e área Redondela Redondela habilitará as medidas necesarias para que o alumnado poida seguir as...

Redondela habilitará as medidas necesarias para que o alumnado poida seguir as clases de xeito non presencial

Redondela habilitará as medidas necesarias para que o alumnado poida seguir as clases de xeito non presencialA Concellería de Ensino en colaboración cos centros educativos e Protección Civil, achega as tarefas escolares aos domicilios dos nenos e nenas que carecen de internet ou de ordenador.

“O Goberno local habilitará todas as medidas necesarias para que as e os escolares poidan seguir as clases de xeito non presencial” asegurou hoxe a concelleira de Educación do Concello de Redondela, Olga García Ballesteros.

García Ballesteros lembrou que, dende máis dunha semana “e de xeito coordinado cos distintos centros escolares”, voluntarios e voluntarias de Protección Civil achegan as tarefas escolares “aos nenos e nenas que, ou ben carecen de conexión a internet ou que non dispoñen de ordenadores nas súas casas” segundo un listado elaborado polos propios colexios e institutos.

A esta medida engádese agora a distribución dos ordenadores que posúen os centros escolares “ao alumnado que non dispón de ordenador na súa casa” e, a esta medida, engadirase nas datas inmediatas, a posta a disposición dos alumnos e alumnas que carezan de conexión a internet no seu domicilio “de dispositivos que lles permitan conectarse á rede para que poidan seguir as clases de xeito non presencial”.

A impresión das tarefas, lembra Olga García, “faise só para aqueles e aquelas que non teñen posibilidade de seguir as clases online, xa que para realizar as tarefas –segundo indicaron os propios centros escolares– non é preciso imprimir os exercicios propostos”.

Pola súa banda a alcaldesa, Digna Rivas, salientou que, a estas medidas, “iranse engadindo outras que dependerán da evolución da crise sanitaria e do estado de emerxencia”. En todo caso, engadiu a rexedora local redondelá, “ningún alumno ou alumna quedará sen poder seguir o curso escolar por falta de medios”.

Rivas agradeceu “o traballo que están a realizar os centros escolares e as profesoras e profesores” na grave situación que se está a atravesar” e salientou a importancia do “traballo coordinado e meticuloso” que están a realizar o Goberno local e os centros escolares “encamiñado a diminuír o impacto deste estado de alarma sobre as e os escolares e o seu progreso académico”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies