spot_img
InicioVigo e áreaVigoO alcalde de Vigo celebra a “vontade” da economía viguesa de “saír...

O alcalde de Vigo celebra a “vontade” da economía viguesa de “saír xuntos” da crise do coronavirus

O alcalde de Vigo celebra a “vontade” da economía viguesa de “saír xuntos” da crise do coronavirusCreado por Abel Caballero para trazar a reactivación económica da cidade, a primeira reunión do comité asesor cidadá celebrouse este xoves por vía telemática con “ánimo” para buscar unha saída á situación por parte dos axentes institucionais, empresariais e económicos. O rexedor constatou a súa “vocación de saír xuntos”.

En declaracións posteriores á primeira reunión, celebrada por vía telemática, o alcalde valorou o “ánimo da cidade” para reactivar a economía, buscar unha saída á situación derivada da pandemia e eloxiou a “vontade” de todos os sectores para levalo adiante.

O comité asesor cidadá constituído reúne ao alcalde e á práctica totalidade da economía da cidade, con representantes do ámbito industrial, empresarial, de servizos, do comercio, da hostalería, ademais do propio Concello, Deputación, Zona Franca, Porto, Aeropoerto e Universidade de Vigo. Logo desta primeira cita, o alcalde proclamou que Vigo “non se deixa atemorizar polas circunstancias”.

Os distintos sectores propuxeron as súas demandas, a primeira a de liquidez, a través do sistema bancario ou do goberno central, e a segunda o apoio das distintas administracións en cuestión como os impostos, rebaixa ou aprazamento destes. Autónomos, comercio ou hostalería trasladaron unha maior necesidade de apoio, indicou Caballero.

O alcalde explicou que o seu goberno quere exercer tamén de “transmisor” das demandas ante outras administracións, singularmente Xunta e Estado, porque “desta crise ten que saír unha reactivación potente e poderosa”, xa que os modelos de recortes “nos levarían á miseria e á inacción”.

Estas entrevistas continuarán nun segundo nivel por sectores, co obxectivo de concretar as necesidades para a reactivación económica posterior á crise sanitaria. O alcalde engadiu que haberá contactos tamén con entidades culturais, cívicas ou organizacións non gubernamentais, entre outras.

- Publicidade -spot_img