spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela en pé polo planeta

Redondela en pé polo planeta

Redondela en pé polo planetaCon motivo da celebración do Día Mundial do Medio ambiente o colectivo Artelixo e da Concellería de Medio Ambiente de Redondela, convidan á cidadanía á participar nun acto, sumándose á campaña que a entidade Hope! desenvolve por todo o mundo, para chamar a atención sobre o cambio climático. A actividade enmárcase na campaña “En pé polo planeta” e chama a traer zapatos de nenos/as (bebés e crianzas pequenas ou non tan pequenas) para simbolizar a necesidade de deixarlles aos nosos fillos e fillas un mundo habitable e sostible.

Nesta acción tratan de reflexionar sobre a crise climática e como se tratan outras crises como a do COVID-19. Que podemos aprender? Como nos pode axudar a cooperación e a concienciación?

Durante o acto cada neno e cada nena deixarán zapatos na rúa Alfonso XII que estará cortada entre as 16.00 e as 22:00 horas deste venres 5 de xuño. Ás 18.00h haberá un espazo de expresión para a rapazada, nel poderemos escoitar o que os pequenos e pequenas nos queiran dicir sobre o coidado do planeta e do seu futuro… Coidémonos coidando do medio ambiente.

Os zapatos que estean en uso poderán recollerse despois da acción. Os que estean en desuso (máis que poidan ser aproveitados por outros nenos) e queiran doarse, recolleranse e serán entregados pola organización á asociación Boa vida de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img