spot_img
InicioVigo e áreaVigoAfundación abrirá o vindeiro luns a Sala de Exposicións da súa Sede...

Afundación abrirá o vindeiro luns a Sala de Exposicións da súa Sede en Vigo coa mostra «O noso planeta»

Afundación abrirá o vindeiro luns a Sala de Exposicións da súa Sede en Vigo coa mostra «O noso planeta»A exposición enmárcase no proxecto «Comprometidos co Medio e os Océanos» impulsado por Afundación e ABANCA durante o mes de xuño dentro do seu traballo a favor dun modelo sostible que permita contribuír ao equilibrio económico, social y e ambiental da súa contorna

Afundación, la Obra Social de ABANCA,  abrirá o vindeiro luns, 8 de xuño, a sala de exposicións da súa Sede en Vigo (Policarpo Sanz, 24) coa mostra «O noso planeta», inaugurada o pasado 3 de marzo e que estivo aberta unicamente 9 días debido ás medidas de seguridade adoptadas pola crise do coronavirus. Poderá visitarse de luns a sábado en horario de 17.30 a 21.00 h. «O noso planeta», reflexo do compromiso de Afundación coa sustentabilidade e a protección do medio ambiente, está baseada na recoñecida serie homónima producida por Netflix e que bateu todos os récords de audiencia da súa programación, superando a calquera serie ou película da súa carteleira.

Tanto os accesos á Sede Afundación de Vigo como a circulación dentro do espazo expositivo foron adaptados á normativa fixada polas autoridades sanitarias para a Fase 3. Así, o aforo estará limitado ao 50 %, reforzaranse os servizos de limpeza, modificarase o sistema de entrada e saída para garantir a distancia de seguridade entre o público e o propio equipo de Afundación, e potenciarase a consulta da documentación online favorecendo a ausencia de elementos de contacto.

Así mesmo, os elementos interactivos da mostra adaptáronse para manter o sorprendente efecto visual eliminando as aplicacións táctiles e calquera contacto físico do visitante cos elementos da exposición. Os módulos de realidade virtual vinculados a Google Earth foron modificados para ofrecer a través de pantallas unha recreación das viaxes que antes se podían experimentar coas lentes de realidade virtual. Así, elixíronse dúas viaxes diferentes: un por contornas urbanas no que se poden visitar Roma, Río de Janeiro ou Tokio, entre outros destinos, a través de escenas cargadas de intensidade e beleza. O outro viaxe virtual recala en contornas naturais como o Gran Canón, o glaciar Perito Moreno ou o deserto de Arizona, entre outros enclaves, que se mostrarán a través dun percorrido cargado de sensacións. A mesa interactiva da sustentabilidade funcionará de maneira autónoma coas preguntas e respostas, sen necesidade de que o público interactúe con ela, e o módulo Mamut, deseñado para ser trasladado a través dunhas lentes de realidade virtual, mostrará agora o seu contido mediante unha proxección en sala, mantendo así a importante mensaxe que encerra.

Unha exposición, baseada na  aplaudida serie documental de Netflix, con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais,  realidade virtual e unha mensaxe imprescindible

Esta mostra incide na importancia do coidado e do respecto cara ao medio ambiente como única vía para unha vida sostible. Seguindo os pasos da serie de Netflix, un proxecto coordinado por Alastair Fothergill e Keith Scholey e que conta coa locución de David Attenborough en inglés e de Penélope Cruz na versión española, a exposición percorre desde as menguantes selvas tropicais ata a sobreexplotada alta mar, ilustrando a destrución sen precedentes da natureza a mans do ser humano, pero dirixindo todas as esperanzas cara á súa incrible capacidade de recuperarse. «Mundos de xeo», «Auga doce», «Praderías», «Desertos», «Bosques», «Selvas», «Litorais» e «Alta mar» son os oito apartados nos que se reparten as fotografías que compoñen a mostra e a través das que se ilustra a biodiversidade do noso planeta, sempre acompañadas por un parágrafo contextualizador.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.