spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela comeza o proceso para facer realidade o paseo peonil no antigo...

Redondela comeza o proceso para facer realidade o paseo peonil no antigo viaduto

Redondela comeza o proceso para facer realidade o paseo peonil no antigo viadutoO obxectivo é transformalo en peonil e facer un mirador sobre Redondela que permita observar o paisaxe da vila, así como o mar e montaña que a rodea.

Revista COUSAS DE Nº15

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de reunirse coa Subdirección Xeral de Patrimonio do Estado coa intención de retomar o proxecto de rehabilitación do Viaduto de Madrid, unha estrutura ferroviaria de finais do século XIX que deixou de utilizarse hai 50 anos.

“Recoñecemos o valor da inciativa que dotaría ó patrimonio redondelá un uso social para o goce do pobo e o turismo, por ese motivo decidimos reunirnos co titular do estado, Bernardino Pérez Crespo. Aínda que o proxecto foi proposto en 2004 polo ex-acalde socialista Xaime Rei, nunca chegou a levarse a cabo. Esta é a primeira vez que se fan as pescudas necesarias para coñecer o estado do viaduto e a vialbilidade real da reforma”, explica Rivas.

O Concello remitirá a Patrimonio un oficio solicitando o  estudo de viabilidade, co que se valorará non só o estado da infraesturctura, senón tamén o valor económico da mesma.

 

O Concello comprometese a atopar a fórmula de tituralidade compartida da obra co Estado e a Xunta de Galicia. Unha das posibilidades presentadas polo concello durante a xuntanza propón que o estado se faga cargo da conservación das estructuras do viaduto e o concello faríase cargo do mantemeto dos accesos e da zona peonil.

Este é un proxecto común da vila, reivindicado por toda a veciñanza e por todos os grupos municipais dende o ano 1987. O viaduto é patrimonio histórico pero tamén un elemento de identidade ou símbolo de Redondela. “Por iso somos chamados ‘A vila dos Viadutos’. Recollemos o relevo e imos loitar, para converter en realidade o soño común da vila, pero para cumplilo primeiro é necesario contar cos informes pertinentes e os apoios económicos necesarios”, conclúe a alcaldesa.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.