spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela celebrará en maio as Xornadas de Exaltación do Choco

Redondela celebrará en maio as Xornadas de Exaltación do Choco

Redondela celebrará en maio as Xornadas de Exaltación do ChocoAnte a imposibilidade de celebrar a Festa do Choco por mor da crise sanitaria, o Goberno local opta por celebrar unhas xornadas que poñan en valor o produto e contribúan a reactivar o sector da hostalaría e restauración

O Concello de Redondela non celebrará este ano a Festa do Choco, unha das celebracións senlleiras do municipio e, no seu lugar, desenvolverá entre os días 8 e 16 de maio unhas Xornadas de Exaltación do Choco que buscan, non só seguir poñendo en valor un produto gastronómico de excelencia estreitamente ligado ao nome de Redondela, senón tamén contribuír á reactivación da hostalaría e restauración, un dos sectores máis duramente golpeados pola crise da COVID-19.

Ese é o motivo polo que o Goberno local optou por celebrar unhas Xornadas de Exaltación do Choco en lugar de organizar unha Festa do Choco “totalmente desvirtuada se temos en conta que, tradicionalmente, é unha celebración multitudinaria, unha festa que se vive nas rúas e prazas, algo impensable coa actual situación de crise sanitaria”.

O Concello xa mantivo reunións coa asociación Hostalaría e Confraría de pescadores, amais da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Redondela de cara a organizar unhas xornadas nas que o choco seguirá a ser o grande protagonista pero da man dos locais de hostalaría e restauración do municipio. Tanto a alcaldesa de Redondela, como a concelleira de Comercio quixeron salientar “o entusiasmo con que a iniciativa foi acollida polo sector da hostalaría e restauración e que, dende o primeiro momento, participan activamente na organización destas xornadas”.

Nesa liña, o Goberno local estuda medidas para fomentar o servizo a domicilio por parte de bares e restaurantes, de xeito que a veciñanza poida gozar do choco –nas súas distintas formas de elaboración– nos seus propios fogares.

Ao redor desta base, desenvolveranse unha serie de actividades que, durante oito días, poñan o foco de atención sobre un produto gastronómico que, na baía de San Simón, acada unha calidade tan extraordinaria como única.

Un festín para o padal

En Redondela péscase choco desde hai máis de tres séculos. Este molusco cefalópodo é, en toda a provincia de Pontevedra, un prato que identifica este concello das Rías Baixas, ata o punto de que as redondelás e redondeláns teñen en “choqueira” e “choqueiro” un xentilicio non oficial pero moi arraigado no saber popular.

Cada primeira quincena do mes de maio a localidade vístese de longo para homenaxear como merece o rei dos seus mares e tamén dos seus fogóns. Na vila, un toldo convértese no epicentro da degustación popular mentres os establecementos hostaleiros se afanan en sorprender coas súas receitas.

En 2021 a Festa do Choco fai 35 anos. Moito máis ca unha celebración, este evento é unha manifestación da importancia do choco na idiosincrasia redondelá. Os chocos críanse en augas do concello e captúranse de modo artesanal na enseada de San Simón –que é onde máis abundan– usando nasas, cunha técnica tradicional que foi pasando de xeración en xeración.

F//TurismoRiasBaixas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.