spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

Redondela celebra as Letras Galegas cunha ampla programación

Letras Galegas 2015A Real Academia Galega decidiu dedicar as Letras Galegas 2015 ao insigne escritor e historiador pontevedrés, “para saldar unha débeda histórica que a RAG tiña con Filgueira Valverde”, en palabras do seu presidente Xesús Alonso Montero, quen “destaca o seu irreprochable compromiso coa defensa e promoción da cultura galega, así como o seu legado intelectual, que constitúe, pola súa amplitude e calidade, un dos máis importantes da segunda metade do século XX”. 

O Servizo de Normalización Lingüística e a Concellaría de Cultura organizan as actividades programadas para celebrar as Letras Galegas 2015, dedicadas este ano a Xosé Filgueira Valverde e que inclúen as seguintes actividades:

Mércores 6 de maio, ás 20.30 h, na Casa da Cultura.

Presentación do libro publicado por Edicións Xerais de Galicia, “Xosé Filgueira Valverde, biografía intelectual” (Xesús Alonso Montero), a cargo de Fernando Filgueira Iglesias, membro do padroado da Fundación Filgueira Valverde e fillo do homenaxeado.

Domingo 17 de maio, ás 12.oo h, nos Xardíns da Alameda.

Acto institucional e ofrenda floral diante da estatua de Daniel Castelao.

Ás 12.30 h, no auditorio da Xunqueira, concerto do Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz, cun repertorio de música galega centrado en composicións do músico ponteareán Rogelio Groba, entre as que se inclúe a cantata “Anxos de Compostela”, sobre textos de Filgueira Valverde.

Mércores 20 de maio, ás 20.30 h, na Casa da Cultura.

Relatorio de Henrique Monteagudo, profesor da USC e secretario da RAG:

“O trobador Johan Soarez Somesso, señor de Chapela (1200-1250)”.

Do 11  ao 30 de xuño, a sala de exposición I do multiúsos da Xunqueira acollerá a exposición, patrocinada pola Deputación de Pontevedra, “Xosé Filgueira Valverde. Un faro na construción de Galicia”. Poderá visitarse no horario de apertura habitual da instalación, de 9.00 a 14.00 h e de 16.30 a 21.30 h.

Con esta programación preténdese achegar a obra e a figura de Filgueira Valverde, autor dunha extensa obra de carácter divulgativo que o converte nunha das figuras centrais da cultura galega do século XX; mostrar a capacidade e a utilidade das nosas letras para xerar creacións musicais de calidade, e divulgar, tamén, algúns autores máis descoñecidos cunha especial vinculación co noso concello.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.