spot_img
InicioGaliciaO ex- xogador da NBA Terry Porter percorrerá nos próximos días seis...

O ex- xogador da NBA Terry Porter percorrerá nos próximos días seis etapas do último tramo do Camiño Francés cun fin promocional e solidario

 

ex-xogador-NBA-Terry-Porter-percorrerá-próximos-días-seis-etapas-último-tramo-Camiño-Francés-cun-fin-promocional-solidarioA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, realizou onte un tramo do Camiño de Santiago acompañando ao ex- xogador da NBA Terry Porter que nos próximos días percorrerá a Ruta Xacobea cun dobre obxectivo: promocional e solidario.

O proxecto dará a coñecer a Ruta Xacobea e os seus valores a nivel internacional e de maneira especial nos Estados Unidos, o terceiro país estranxeiro de onde chegan máis peregrinos

Deste xeito, un dos cincuenta mellores xogadores da historia da NBA percorrerá dende hoxe ata o próximo sábado 9 de maio as seis etapas do traxecto que une Sarria con Santiago de Compostela, completando o último tramo do Camiño Francés .

Ademais da compañía da directora de Turismo de Galicia e a delegada territorial da Xunta en Lugo coa que contou o ex- xogador de baloncesto nesta primeira xornada, o primeiro equipo do Obradoiro, a súa afección, así como, persoas de gran repercusión mediática e diferentes representantes de colectivos que simbolizan os valores compartidos polo deporte e o Camiño de Santiago se unirán á estrela americana para apoiar e camiñar xunto a el nas diferentes etapas ata a praza do Obradoiro.

Ademais, a iniciativa ten un fin solidario xa que todos os beneficios xerados irán destinados á asociación Boys & Girls Clubs of Portland Metropolitan Area e á creación da Bolsa Terry Porter a través da fundación Heracles

Así, este proxecto dará a coñecer a Ruta Xacobea e os seus valores a nivel internacional e de maneira especial nos Estados Unidos, o terceiro país estranxeiro de onde chegan máis peregrinos.

Ademais, o proxecto ten un fin solidario xa que todos os beneficios xerados irán destinados á asociación Boys & Girls Clubs of Portland Metropolitan Area, que axuda aos nenos da zona ofrecéndolles un lugar seguro, divertido e limpo para ir cando non están na escola; e á creación da Bolsa Terry Porter a través da fundación Heracles que apoia ás familias máis desfavorecidas a través do baloncesto.

Así mesmo, a experiencia servirá para rodar un documental que presentarase no mes de xuño– en español e inglés- e que recollerá toda a experiencia vivida pola estrela americana en terras galegas.

- Publicidade -spot_img