spot_img
InicioO SalnésA pequena Cristina Costa conquista ó Auditorio de Ribadumia coa súa causa...

A pequena Cristina Costa conquista ó Auditorio de Ribadumia coa súa causa solidaria

A-pequena-Cristina-Costa-conquista-Auditorio-Ribadumia-coa-súa-causa-solidariaA pequena pianista, Cristina Costa Ling, tocou este fin de semana no Auditorio de Ribadumia para un público partícipe nunha causa solidaria. A recadación total do recital foi destinada á asociación AHUCE ( Asociación Huesos de Cristal de España), unha entidade que intenta mellorar a diario a calidade de vida dos afectados por Osteoxénesis Imperfecta, así como dar visibilidade a esta enfermidade descoñecida para a maioría.

A pequena pianista quixo aportar a súa axuda á asociación e aos que, coma o seu irmán Álvaro padecen esta enfermidade. Durante máis dunha hora tocou pezas de Burgmüller, Diabelli, María Vacca, Haydn e Kaczmarek, algunhas delas acompañada por Álvaro, que se mostrou moi orgulloso da pequena durante toda a actuación.

A pesar da súa corta idade –ten agora sete anos– Cristina non só sorprende pola súa soltura coas teclas, senón que destaca sobre todo pola súa memoria musical. Todas as pezas que preparou para o recital interpretounas sen partituras e non dubidou nun momento do que estaba a tocar.

Esta memoria non lle ven tan só do talento innato, ademais de prepararse en piano, a pequena edúcase tamén musicalmente en atención e memoria no taller Tratalenca. A súa mestra no taller, Esther Sobral, asegura que “a súa rápida evolución e a súas circunstancias persoais motiváronnos para facer a actuación  que dende un principio fíxonos moita ilusión”.

O irmán da pequena padece a enfermidade, e aínda que a actitude é o máis importante, os tratamentos tamén son necesarios e, por desgraza, moi caros. Cristina intenta desta forma axudar ó seu irmán e ós que a padecen destinando os fondos á asociación que se dedica todos os días do ano a facerlle a vida máis sinxela.

Este non era o primeiro concerto solidario que daba a pequena, xa actuara con anterioridade en Santiago, pero nunca ante un público tan amplo como o que acudiu ó Auditorio Municipal de Ribadumia.

A pesar diso, a experiencia foi boa.Tal foi a expectación polo don da pequena Cristina e pola causa solidaria, que a recadación  aportada polo público de forma solidaria superou os 800 €. O total das doazóns foron destinadas integramente á asociación AHUCE.

Por todo iso, dende o Concello queremos agradecer a todo o público que asistiu ó Auditorio a súa colaboración nesta causa e por contribuír a facer a vida destas persoas máis sinxela.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.