spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela asina a carta de adhesión ao manifesto 'Bibliotecas en Igualdade'

Redondela asina a carta de adhesión ao manifesto ‘Bibliotecas en Igualdade’

Redondela asina a carta de adhesión ao manifesto 'Bibliotecas en Igualdade'Redondela é a terceira institución de Galicia que se adhire a este proxecto, de tres anos de duración e que conta financiamento do Ministerio de Cultura

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, asinou esta mañá a adhesión do Concello ao manifesto ‘Bibliotecas en Igualdade’, un proxecto posto en marcha pola ‘Asociación Clásicas y Modernas’, asociación de carácter nacional que ten como obxectivo acadar a igualdade no eido da cultura.

No acto de sinatura, a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e por Mariana Carballal, socia e representante en Galicia da Asociación Clásicas y Moderna e, de xeito telemático dende Madrid, pola secretaria xeral da asociación, Marina Gilabert.

Coa sinatura deste convenio que terá validez ata 2022 e que conta co financiamento do Ministerio de Cultura, o Concello de Redondela comprométese a activar unha mirada crítica coa perspectiva de igualdade no eido das bibliotecas e a contribuír a dar unha maior visibilidade ás escritoras.

Do mesmo xeito promoverase a adquisición de obras de lectura e consulta procurando equilibrio na autoría para reparar o esquecemento e facilitar o acceso ás novidades asinadas por homes e mulleres. Igualmente potenciarase a cooperación e creación de alianzas entre bibliotecas e outros axentes implicados para a optimización dunha nova perspectiva que acabe coa fenda de xénero.

Redondela convértese na terceira institución galega que participa neste proxecto xunto co Concello de Verín e a Universidade de Vigo. “Non podía ser doutro xeito –afirmou a alcaldesa Digna Rivas– nun concello que ten a igualdade por bandeira e que loita, día a día, por que non sexa só unha palabra senón unha actitude de toda a veciñanza”.

Libreiros de Redondela colaboran no Proxecto de Literaturas Irmás/Irmãs
Biblioteca de Chapela

Esta iniciativa, na que o Concello participará con persoal político e técnico das concellerías de Igualdade e Cultura, é plenamente coincidente coa ‘transversalidade’ que o Goberno local busca en todas e cada unha das súas accións, xa que o traballo de ‘Bibliotecas en Igualdade’ integrará tamén ás concellerías de Educación, Servizos Sociais, Maiores, Normalización Lingüística e Mocidade, amais de axentes externos como centros educativos, servizos sociais e colectivos culturais e veciñais.

Trátase, explica Rivas, “de involucrar a toda a cidadanía na loita pola igualdade para poder seguir construíndo unha sociedade máis xusta”.

Como remate ao acto oficial de sinatura, as actrices Casilda Alfaro e Sonia Rúas interpretaron a lectura dramatizada dun fragmento de Voaxa e Carmín de Ester Carrodeaguas.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.