spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela acollerá o I Festival Internacional de Big Bands de Galicia

Redondela acollerá o I Festival Internacional de Big Bands de Galicia

Redondela acollerá o I Festival Internacional de Grandes Bandas de GaliciaA Xingros Big Band en colaboración coa Orquestra de Saxos, o Conservatorio Profesional de Música “ Victor Ureña” e o Concello de Redondela organizarán os días 31 de Xaneiro, 1 e 2 de Febreiro o 1º Festival Internacional de Big Bands de Galicia.

Nesta primeira edición o festival contará coa participación de big bands de Galicia, Xingros Big Bad, Teruel, Big Band Teruel e Paises Baixos, The River Aa Big Band. Incluirá tamén concertos de agrupacións de música tradicional de Teruel e Galicia.

O festival estará integrado no conxunto de actividades que desenvolve o Conservatorio Profesional de Música de Redondela como escola asociada á UNESCO desde 2018, sendo o único Conservatorio Profesional de Música Municipal de Galicia pertencente á rede entre as máis de 10.000 e máis de 180 países de todo o mundo. Promovendo o entendemento internacional, a paz, o dialogo intercultural, o desenvolvemento sustentable e a educación de calidade.

Por iso, o festival terá un carácter moi pedagóxico, contando cun concerto didáctico para os escolares de Redondela así como conferencias sobre novas tecnoloxías aplicadas á música, a evolución do repertorio de big bands e unha master class de improvisación musical.

Todas as actividades de formación musical así como os concertos das agrupacións de música tradicional serán completamente gratuítas e abertas en especial para todo o alumnado do propio Conservatorio Redondelano así como de toda Galicia.

- Publicidade -spot_img