O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e a Ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron hoxe, un convenio para recuperar 23 xacimentos galaico-romanos da provincia cun orzamento de 6,5 millóns de euros, según explicou hoxe en rolda de prensa o titular da Deputución, Rafael Louzán.
Desta cantidade, o Ministerio de Fomento aportará 4,3 millóns e a Deputación 2,2 millóns. Louzán quixo agradecer a <especial sensibilidade> mostrada por Ana Pastor para levar a cabo unha iniciativa que calificou de <trascendente> para a provincia en canto recupera e pon en valor o seu patrimonio, potencia os recursos e atractivos turísticos e destaca o valor científico e sociocultural dos xacementos que serán recuperados.
A Deputación e Fomento desenvolverán as actuacións necesarias para que os xacimentos arqueolóxicos galaico-romanos da provincia sexan recuperados mediante o desenvolvemento dun Programa Integral.
Fomento intervirá na financiación e execución das tarefas enmarcadas nas liñas estratéxicas de accesibilidade e musealización. E, pola súa banda, a Deputación intervirá na financiación e execución das tarefas enmarcadas nas liñas estratéxicas de limpieza, mantemento, excavación, difusión/ promoción e dixitalización.
O prazo de execución dos traballos previstos será de 4 anos e crearáse unha Comisión integrada por 2 representantes de Fomento e 2 da Deputación para fixar e seguir as actuacións.
As actuacións afectarán a xacimentos galaico-romanos de todas as comarcas da provincia, na maioria dos casos aos máis importantes.



