spot_img
InicioBaixo MiñoRecord de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros...

Record de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros e remeiras

Record de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros e remeirasEste sábado celebróuse a corenta edición da Regata Miño Internacional rexistrando record de participación

A proba, organizada polo Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Remo, congregou a máis de 350 remeiros e remeiras pertencentes a 16 clubs de España e Portugal.

Presentación da proba

O Salón de Plenos do Concello de Tui, acolleu o día anterior a presentación da proba, na que Manuel Ángel González, presidente do Club Remo do Miño e que participou coma remeiro na primeira edición da regata, destacou “o gran éxito de participación que se rexistra nesta 2020, así coma o feito de que a presenza de remeiros e remeiras está case igualada”. Outro dos puntos destacados por Manuel Ángel González é a “presenza de catro deportistas olímpicos nesta competición”, aproveitando para lembrar que nas filas do Remo do Miño hai xa catro olímpicos, Jesús González, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño e Jacobo Suárez, aos que se sumará Rodrigo Conde que estará en Tokio 2020.

350 deportistas, 16 clubs e 56 embarcacións

A XL Regata Miño Internacional contou cunha participación de record neste 2020 ao estar inscritos 16 clubs de España e Portugal con 350 deportistas en 56 barcos que competiron en 8 con temoeiro, 4 Scull e 8 con temoneiro veterano tanto nas categoría masculina coma feminina.

CLUBS INSCRITOS: Seis clubs galegos: o Remo do Miño e o Remo Tui, o Club Mar de Noia, o Club Remo Vigo, o Ría de Marín, e o San Felipe. Competirán nove clubs portugueses: Académica de Coimbra, ADCJC Cerveira Remo, Sporting Clube Caminhense, Clube Naval Infante Don Henrique, Real Clube Fluvial Portuense, Galitos de Aveiro, Ginásio de Figueira da Foz, Viana Remadores do Lima e Sport Club do Porto. Tamén participará o club Mixto Málaga-Sevilla.

A regata máis numerosa foi a do Catro Scull Masculino con 16 embarcacións, seguida do Catro Scull Feminino con 15 barcos. 13 barcos en competición en Oito con temoneiro masculino e 4 en feminino. Por último foran 8 as embarcacións que participaron no Oito Veterano Masculino.

Corenta anos de competición

A proba naceu hai corenta anos coma unha regata de participación aberta a calquera club da península. A primeira edición, que constaba de 16 quilómetros entre Goián e Tui, foi gañada polo Oito con Temoneiro do Remo do Miño adestrado por José Luís Méndez, cun tempo inferior a unha hora, que marcou récord nesta distancia que aínda non foi superado.

En 1981 e 1987 a organización recaía en anos alternos entre o Club Remo do Miño e o Caminhense, sendo o campo de regatas entre Goián e Tui, ou entre Carregal e Caminha.  Dende 1988 o Club Remo do Miño asume cada ano a organización desta consolidada regata que contou en 1990 coa participación das universidades de Cambrigde e Oxford, e en 2017 do equipo feminino do First and Third Trinity College Boat Club da Universidade de Cambrigde.

- Publicidade -spot_img