spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaRecepción oficial ás deportistas xuvenís do Clube de Remo Robaleira no Concello...

Recepción oficial ás deportistas xuvenís do Clube de Remo Robaleira no Concello da Guarda

Recepción oficial ás deportistas xuvenís do Clube de Remo Robaleira no Concello da GuardaO pasado venres día 9 de xuño de 2023 o Salón de Plenos da Casa dos Alonso acolleu a recepción oficial ás deportistas do equipo xuvenil do Clube de Remo Robaleira, gañadoras dos Campionatos territoriais e de Galicia en Bateis e Campionato de España de Traineriña

Revista COUSAS DE Nº17

As deportistas Uxía Fernández; Tania Dorado; Esther Dorado, Aroa Castro, Claudia Dorado, Lidia García, Nerea Dorna e Tecla Baz, foron recibidas no Salón de Plenos pola corporación local, resaltando cada un dos responsables dos diferentes grupos municipais o esforzo, determinación, compromiso e orgullo de ter na Guarda unha equipa tan xove e que ten colleitado tantos éxitos e méritos deportivos.

 

Os diferentes membros da corporación local entregaron un ramo de flores a tripulación xuvenil feminina do Clube de Remo Robaleira, ao adestrador e representantes da xunta directiva.

Dende a Xunta Directiva, Eva Uris agradeceu o apoio amosado polo Concello da Guarda e a realización desta recepción, valorando o deporte do remo coma un deporte de gran arraigo e tradición na nosa vila, animando a rapazas e rapaces a que se unan ao clube para a práctica do remo.

Ao remate, e como manda xa a tradición neste tipo de recepcións, a tripulación xuvenil feminina do Clube de Remo Robaleira saíu ao balcón da Casa do Concello onde luciron e ondearon as bandeiras gañadas nos últimos campionatos disputados, aproveitando tamén ao final para facerse fotos cos representantes municipais, familiares e amizades.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.