spot_img
InicioAlto Minho"O Ferrocarril do Miño, por un tren de proximidade transfronteirizo"

“O Ferrocarril do Miño, por un tren de proximidade transfronteirizo”

"O Ferrocarril do Miño, por un tren de proximidade transfronteirizo". O Parador de Tui acollerá os días 22 e 23 de xuño o Foro de Moblidade Transfronteiriza do Río MiñoOrganizado pola Deputación de Pontevedra e a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionales (FCEER) os días 22 e 23 de xuño vaise celebrar no Parador de Turismo de Tui o Foro de Mobilidade Transfronteiriza do Río MIño.

Revista COUSAS DE Nº17

O Foro está financiado nun 75 % con fondos FEDER a través do proxecto “Smart Minho Plus” e aprobado na sexta convocatoria do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020

O xoves 22

Despois da Apertura Institucional o Foro arrancará coa primeira mesa e co tema:

FERROCARRIL EURORREXIONAL NO CONTEXTO EUROPEO

O ferrocarril do Miño é unha peza estratéxica na vertebración da fachada atlántica da península ibérica, xa que ocupa unha posición central entre as áreas metropolitanas do Porto e de Vigo. Por outra banda, correspóndese co principal paso da fronteira entre Galicia e o norte de Portugal, así como o máis transitado dos pasos fronteirizos entreos dous estados peninsulares.

Esta primeira mesa busca contextualizar o ferrocarril do Miño dentro das dinámicas institucionais e as políticas actuais. Para iso contarase coa presenza do Comisionado do Corredor Atlántico, creado recentemente polo Goberno de España, ao que pertence o ferrocarril miñoto. A presenza do Comisionado do Corredor Mediterráneo, con moitos anos xa de experiencia, será fundamental para aprender da traxectoria e ter referencias doutro territorio semellante ao noso.

Participan:

  • Josep Vicent Boira Maiques, comisionado do Goberno para o desenvolvemento do Corredor Mediterráneo en España en ADIF, Ministerio de Fomento
  • José Antonio Sebastián Ruiz, comisionado do Goberno para o desenvolvemento do Corredor Atlántico en ADIF, Ministerio de Fomento

É POSIBLE UN TREN DE PROXIMIDADE TRANSFRONTEIRIZO? EXPERIENCIAS EN EUROPA

Un panel de experiencias europeas sobre a implantación de proximidades ferroviarias transfronteirizas, presentadas por técnicas e técnicos e xestoras e xestores destas, nos que se contrastan modelos de implantación e xestión.

Participan:

  •  Xavier Garcia, Dirección de Cooperación Euromediterránea. Servicio de Cooperación Europea. Liña ferroviaria Niza-Ventimiglia-Cúneo-Turín.
  • Matteo Berzi, investigador do Centro Común de Investigación. Comisión Europea. EU Science Hub. Ispra (Italia). Os servizos ferroviarios transfronteirizos entre España e Francia.

Venres 23

AS PROXIMIDADES FERROVIARIAS NO TERRITORIO DO RÍO MIÑO

O obxectivo desta mesa é propoñer e reivindicar uns novos servizos de mobilidade ferroviaria transfronteiriza entre Vigo e Viana do Castelo, arredor do río Miño. Trátase dun territorio fortemente cohesionado e cunhas intensas dinámicas de mobilidade internas. O ferrocarril transfronteirizo permitiría unha maior oferta de mobilidade pública, sostible e de calidade para a poboación.

Participan:

  • Álvaro Costa, profesor da Facultade de Enxeñería da Universidade do Porto e investigador en transporte
  • Miguel Pazos Otón, profesor de Xeografía Humana na Universidade de Santiago de Compostela
  • António Cruz, consultor, relator no seminario Conectividade e Accesibilidade Territorial Transfronteiriza, organizado por CIM Alto Minho en abril de 2022
  • Representante de Renfe ou do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana
  • Representante do Operador Ferroviario Portugués ou do Ministerio de Infraestruturas de Portugal

 13:00 h PRESENTACIÓN DE CONCLUSIÓNS

Está prevista unha declaración institucional a favor da posta en marcha deste servizo e estudaranse casos de éxito en distintas zonas de Europa

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.