spot_img
InicioBaixo MiñoA mocidade tomiñesa toma as rúas para concienciar á veciñanza sobre a...

A mocidade tomiñesa toma as rúas para concienciar á veciñanza sobre a importancia da auga

A mocidade tomiñesa toma as rúas para concienciar á veciñanza sobre a importancia da augaA Praza do Seixo acolle unha exposición realizada pola rapazada da OMIX de Tomiño na que descubrirán ao público a cantidade de auga que requiren algúns obxectos cotiás

Revista COUSAS DE Nº17

A mocidade tomiñesa emprega a creatividade, o inxenio e a innovación para concienciar á veciñanza sobre a importancia da auga e as grandes cantidades que se consumen en cada un dos obxectos da vida cotiá. Para facelo, este venres o grupo de rapazas e rapaces da OMIX de Tomiño instalaron na Praza do Seixo unha exposición na que se trata de responder á pregunta de se a sociedade é consciente da cantidade de auga que se consume en todos os aspectos da vida.

Como sinala a rapazada participante nesta exposición, “ideamos e creamos unha mostra na que poder ensinar ao público obxectos cotiás para reflectir o consumo real de auga que facemos cada día”. Así, na exposición o público poderá coñecer por que para producir uns pantalóns vaqueiros se precisan máis de 7.500 litros de auga, entre outros moitos elementos.

Con esta iniciativa, a mocidade tomiñesa leva a cabo unha acción da chamada comunicación de guerrilla, un novo concepto que busca facer reflexionar á poboación a través de intervencións no espazo público, como performances, o uso non vandálico do mobiliario público e outras estratexias relacionadas co mundo da publicidade.

Rapaces e rapazas idearon e levaron a cabo esta exposición a través do proxecto europeo ‘People & Planet. Un destino común’, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración do Concello de Tomiño. O obxectivo é concienciar á xuventude sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sostible.

O punto de partida desta exposición foi a participación da mocidade nun obradoiro previo impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO), no que as e os participantes aprenderon as peculiaridades da comunicación de guerrilla, así como tamén se mergullaron na importancia da auga como un dereito humano fundamental e na crise climática global e comezaron a ideas esta particular mostra.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.