Tras semanas reclamando unha reapertura de máis pasos fronteirizos por parte de Xunta, CCDR- N e dos Concellos da zona, a partir do 15 de xuño abrirán Arbo- Melgaço, Salvaterra do Miño- Monçao e Tomiño-Vilanova de Cerveira, de luns a venres, entre as 8 e as 22 horas
O delegado do Goberno, Javier Losada, en Galicia informou hoxe da apertura de tres novos pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal a partir do próximo luns.
Ata o de agora permitíase o tránsito entre fronteiras en Tui (Pontevedra)-Valença e Verín (Ourense)- Chaves. A estes dous pasos sumouse de maneira provisional durante as últimas semanas o de Calvos de Randín (Ourense) con Tourén
Desta maneira tamén frutifican as conversacións que o delegado do Goberno mantivo nas últimas semanas coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño Transfronteirizo (AECT Río Minho) para analizar a situación. Naquel encontro, no que tamén participou a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, Javier Losada escoitou as propostas de reapertura de fronteiras e comprometeuse a trasladar estas peticións ao Ministerio de Interior, que agora dá resposta coa reapertura de tres novos pasos fronteirizos.
Aínda que supón un avance para traballadores transfronteirizos, tanto o Presidente da Comisión de Desenvolvemento e Coordinación Rexional do Norte de Portugal ( CCDR- N) Freire de Sousa, como o Presiente da Xunta de Galicia, Núñez fejóo, xa demandaban o 28 de maio, o libre tránsito/movemento de residentes nas eurociudades dentro dos seus límites, imprescindible para reactivar a súa vida económica e social.
[…] Reapertura de tres pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal […]
Citar Comentario
Citar Comentario