spot_img
InicioGaliciaCompostelaRaquel Castro e Rosalía Morlán gañan a primeira edición do premio de...

Raquel Castro e Rosalía Morlán gañan a primeira edición do premio de literatura infantil ‘Simbad para o Recordo e o Alzhéimer’ de AGADEA

Raquel Castro e Rosalía Morlán gañan a primeira edición do premio de literatura infantil 'Simbad para o Recordo e o Alzhéimer' de AGADEAO xurado, composto por recoñecidos literatos, como Francisco Castro, Fina Casalderrey, Branca Ana-Roig, Baldo Ramos e Ánxela Gracián destacou a “calidade das obras presentadas”

Revista COUSAS DE nº14

A escritora Raquel Castro resultou gañadora por unanimidade da primeira edición do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer convocado pola entidade Agadea Alzhéimer, de Santiago de Compostela, coa “emocionante obra” Sobremesa sobre Versos na que destaca “a sutilidad e eficacia no tratamento do tema do Alzhéimer.

Así mesmo, o xurado puxo en valor a calidade dun segundo texto titulado Cando o avó esqueceu o seu nome, ao que se lle outorgou un accésit, e que recaeu na escritora santiaguesa, Rosalía Morlán.

Agadea considera o Premio Simbad para o recordo e o Alzhéimer “é dos instrumentos máis idóneos en galego para facer comprender, empatizar e achegar esta dura realidade do Alzhéimer aos nenos e nenas galegos”. Ademais salienta a “excelente calidade dos textos presentados”, así como “o interese espertado entre os escritores galegos”.

A entidade agradece aos autores e autoras que escribiron e non foron seleccionados “porque entre todos contribuímos a facerlle comprender ao mundo que é o alzhéimer e rompemos con esteriotipos sobre as demencias, o envellecemento e a desmemoria”, apunta.

O xurado, presente no acto, estivo composto destacados escritores: Fina Casalderrey, Francisco Castro, que tamén é o padriño do galardón, Branca-Ana Roig, Baldo Ramos, Ánxela Gracián, en calidade de secretaria, e presidenta de Agadea Isabel Gey. A galardoada Raquel Castro é unha autora moi recoñecida no mundo do teatro, e tamén da literatura infantil e xuvenil. Na obra, na que conxugou verso e a prosa, viaxa ao Courel para ofrecernos as receitas tiradas dunha avoa que está a perder a memoria. “Gustounos ademais polo tratamento da enfermidade realista, pero que, aínda así, transmite esa dose de positividade e aceptación e unha visión de normalización no ambiente familiar, e ademais convida o neno e nena a participar nolos seus coidados”, explica o xurado.

Pola súa banda a escritora Rosalía Morlán, premiada co accésit, presenta no seu poemario a un avó entrañable que ensina a cara máis alegre do alzhéimer, pero tamén a máis triste, cando a persoa vaise deteriorando, e a importancia de que o neno coide do avó, bíqueo e guíeo da man. Este premio nace en colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e conta co apoio dos concellos onde ten presenza Agadea, como son o de Santiago, Vedra, Trazo, Teo, Ribeira e A Estrada.

Numerosas personalidades arrouparon coa súa presenza o acto; entre eles o secretario do Centro Ramón Piñeiro, Armando Requeixo en representación de Política Lingüística, as concelleiras de Cultura e a de Servizos Sociais de Vedra, a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Mila Castro e a deputada de Deputación da Coruña, María del Carmen Molino Filgueiras, entre outros.
- Publicidade -spot_img