spot_img
InicioGaliciaFestexan con música e poesía o Día Europeo das Linguas

Festexan con música e poesía o Día Europeo das Linguas

Festexan con música e poesía o Día Europeo das LinguasO Festival ‘Maré, Músicas e Artes Atlánticas’ acolleu onte distintas actuacións de artistas galegos, nacionais e internacionais con motivo da efeméride

Revista COUSAS DE nº14

A programación impulsada pola Xunta de Galicia para festexar o Día Europeo das Linguas -que se conmemora cada 26 de setembro- arrancou onte dentro do Festival Maré, Músicas e Artes atlánticas 2022, unha iniciativa de Nordesía Produciónsenmarcada no concertos do Xacobeo 21-22.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, salienta que o lema do Día Europeo das Linguas 2022, Valorando todas as linguas de Europa, demostra que todos os idiomas “son importantes e útiles, independentemente do número de falantes que teñan”. Lembra que aos europeos “tocounos en sorte unha ampla diversidade lingüística que temos a obriga, pero tamén o orgullo e a vontade, de protexer e de transmitir”.

Os distintos escenario de Maré acolleron o domingo unha serie de concertos que visibilizan a multiculturalidade, a diversidade lingüística e o entendemento con actuacións de todo o mundo.

O Camiño como fenómeno políglota

Ademais de apoiar o Festival Maré, o Goberno galego conmemora esta data este luns cunha homenaxe ao fenómeno cultural políglota por excelencia: o Camiño de Santiago. Co gallo desta efeméride, terá lugar un acto institucional ás 20,00 horas na praza de Praterías, xunto ao Museo das Peregrinacións de Santiago, no que alumnado do instituto IES Arcebispo Xelmírez I lerán poemas de distintos autores europeos.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades apunta que o Camiño de Santiago “foi e segue a ser o roteiro máis antigo e concorrido de Europa e que atrae persoas de todo o mundo”. “Desa mestura, xorden historias contadas en diferentes linguas e entre compañeiros de ruta. Fórmase así un relato coral e milenario que traspasa fronteiras idiomáticas e ten como resultado a comunicación entre os pobos”, expresa.

- Publicidade -spot_img