Inicio Pontevedra O Salnés Proxecto de acondicionamento da área recreativa “Os Pasales” de Meaño

Proxecto de acondicionamento da área recreativa “Os Pasales” de Meaño

proxecto-de-acondicionamento-da-area-recreativa-os-pasales-de-meano

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá o remate do proxecto de acondicionamento da área recreativa “Os Pasales” de Meaño, na parroquia de Dena, que se executou grazas a colaboración económica do AGADER e do programa LEADER.

Cores Tourís destacou a importancia desta iniciativa que axudará a que se aproveite este lugar de xeito máis adecuado polos veciños e preservar o seu valor paisaxístico e medioambiental

 

O delegado territorial foi invitado pola alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, a coñecer a mellora da área, que, en opinión de José Manuel Cores Tourís, “permitirá un mellor aproveitamento da zona por parte dos veciños do concello así como dos visitantes, permitindo tamén preservar o seu valor paisaxístico e mediambiental da zona”, xa que non podemos esquecer que se atopa dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove. “Esta obra permitirá minimizar calquera impacto das obras sobre o medio ambiente e dar continuidade á senda do litoral executada na zona da Telleira”.

A actuación supuxo a instalación de zonas de aparcamento, pista deportiva de pádel, ampliación e dotación de elementos de seguridade ao parque infantil e construción dun parque biosaudable

Durante a visita estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como por técnicos do proxecto.

O proxecto, que conta cun investimento total de 253.000 euros tendo en conta o IVE. Deste montante, 210.000 corresponden ao orzamento elixible, dos que a Xunta aporta o 50% do orzamento total aceptado (105.000 euros). O resto foi aportado a través de fondos propios do concello de Meaño, tras participar na convocatoria de axudas do programa Leader que está a ser xestionado a través do GDR Salnés.

O orzamento rolda os 253.000 euros dos cales a Xunta, a través do AGADER e do programa LEADER, aportou o 50%

A actuación que visitou hoxe Cores Tourís supuxo a instalación de zonas de aparcamento, pista deportiva de pádel, ampliación e dotación de elementos de seguridade ao parque infantil e construción dun parque biosaudable. Tamén se reorganizaron os asadores e merendeiros, as zonas axardinadas, o sistema de rego e os paseos.

O GDR Salnés xestiona, na actualidade, 156 proxectos por un importe total de 13 millóns de euros, dos que case 5 millóns corresponden a axudas aportadas polo programa Leader. Estes proxectos supoñen a creación e mantemento de 280 postos de traballo cunha obriga de mantemento por 5 anos segundo a normativa do programa. Os programas van dende a ampliación e modernización de empresas, ata a creación de instalacións deportivas, rutas de sendeirismo, espazos de lecer ou acondicionamento de aulas informáticas, entre outros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies