spot_img
InicioVal MiñorGondomarProxección do documental ‘O lado escuro do carbón, as voces silenciadas’ en...

Proxección do documental ‘O lado escuro do carbón, as voces silenciadas’ en Gondomar

O documental ‘O lado escuro do carbón, as voces silenciadas’, producido por Greenpeace, poderá verse o venres 7 de decembro, nun acto organizado dentro daplataforma ‘Galicia, un futuro sen carbón’

O carbón deixa un escuro rastro tras de si. A súa queima en centrais térmicas como as de Meirama e As Pontes xera inxentes emisións de CO2, converténdoo no principal causante do cambio climático e de graves problemas sociais e de saúde.

“Hai que seguir a loitar, se non queremos morrer ou se non queremos que nos maten. E para deixar un futuro para os nosos fillos e que sexa unha alternativa ao carbón e ás térmicas”, José Luís García, activista antitérmica de Asturias. Esta é só unha das testemuñas recolleitas por Greenpeace no seu documental “O lado escuro do carbón, as voces silenciadas” que se proxectará este venres 7 en Gondomar.

Fábrica de cambio climático e de numerosos impactos ambientais, sociais e na saúde, o carbón deixa un escuro rastro tras de si. Para documentar as consecuencias da súa queima e produción, un equipo de xornalistas e documentalistas percorreu diversos puntos da xeografía carboeira de España. Como resultado desta viaxe nace o documental “O lado escuro do carbón”, protagonizado por quen sufriron e sofren acotío as consecuencias de convivir cun combustíbel fósil que envelena o planeta e os seus habitantes.

Neste documental descubrimos o lado máis oculto do carbón da man de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción. Estas voces, case que sempre ignoradas, son as protagonistas deste emotivo relato enchido de dificultades mais tamén de esperanza.

“O lado escuro do carbón” (Título orixinal: El lado oscuro del carbón)

O documental, fai unha recompilación dos impactos da súa extracción e combustión en diferentes localizacións do Estado. As desgarradoras testemuñas de médicos, exmineiros, activistas e asociacións veciñais de zonas con centrais térmicas de carbón e zonas de extracción relatan todo o que agacha o carbón: destrución da contorna, contaminación, problemas sociais, doenzas graves… Estas voces, case que sempre ignoradas e silenciadas, son as protagonistas dunha loita chea de dificultades pero tamén de esperanza.

Greenpeace, produtora do documental, organiza xunto coa plataforma Galicia un futuro sen carbón (da que forma parte) a proxección do documental cun coloquio para poder coñecer de primeira man “O lado escuro do carbón”.

TRAILER AQUÍ

Día: venres 7 de decembro Hora: 20,30h
Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas – IEM
Enderezo: Avd. Campo da Feira nº10, Gondomar

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.