spot_img
InicioBaixo MiñoProtección Civil de Tomiño galardoada polos seus 25 anos de traballo

Protección Civil de Tomiño galardoada polos seus 25 anos de traballo

Protección Civil de Tomiño galardoada polos seus 25 anos de traballoO sábado pasado, o presidente da agrupación, recolleu a distinción, acompañado polo concelleiro de Seguridade e voluntarios

A Asociación Nacional de Agrupaciones de Voluntarios de Protección Civil (A.N.A.V) fixo entrega esta fin de semana á Agrupación de Voluntarios de P. Civil Tomiño, de Tomiño da “Placa ao mérito na súa categoría de Ouro” pola súa labor durante 25 anos. O acto tivo lugar o sábado, na Academia Galega de Seguridade (A Estrada), até onde se desprazaron o presidente da agrupación tomiñesa, Iván Fernández, a secretaria, Elsa Ramilo, dous voluntarios máis e o concelleiro de Seguridade, Ismael Troncoso.

O colectivo creouse no ano 1992 e foron varios os seus presidentes. A Agrupación está formada na actualidade por homes e mulleres que realizan anualmente entre 300 e 500 servizos, aproximadamente, colaborando en accidentes de tráfico, accidentes urbanos, incendios forestais, procura de persoas desaparecidas, etc.

As instalacións da agrupación constan dunha oficina e unha sala de descanso. Contan con varios vehículos e demais material que lles permite desenvolver o seu traballo (1 camión, 1 furgón, 1 todo terreo, dous remolques, 2 embarcacións, desfibrilador, etc.). As persoas da agrupación asisten a cursos de forma permanente (accidentes na estrada, primeiros auxilios, incendios urbanos e forestais, aterraxe de aeronaves de emerxencia, de localización de persoas desaparecidas en zonas illadas, etc.).

 

- Publicidade -spot_img