spot_img
InicioCondado ParadantaProtección Civil de Salceda realizou 228 servizos operativos no ano 2022

Protección Civil de Salceda realizou 228 servizos operativos no ano 2022

Protección Civil de Salceda realizou 228 servizos operativos no ano 2022A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Salceda de Caselas tivo unha intensa actividade de servizo público durante o ano 2022 coa realización dun total de 228 operativos de diversa índole.

Cousas de revista nº16

Do global dos servizos realizados destacan os que teñen relación coa súa intervención nas estradas coa atención en accidentes(31 actuacións) e a incidencias diversas como retirada de animais ou limpeza de vertidos(41 actuacións).

Asemade realizaron intervencións de carácter sanitario (3 actuacións) e as máis numerosas relacionadas coa celebración de actividades e eventos de carácter, social, cultural e deportivo(152 actuacións) nas que levaron a cabo a súas importantes funcións de organización e mantemento da seguridade da veciñanza en cada unha delas.

A actividade da agrupación complétase coa sua dispoñibilidade para con outras agrupacións de voluntarios, entidades locais e outras administracións, participando en moitos servizos nos que se requiriu a súa presenza por demanda de efectivos para completar os diferentes operativos.

O equipo de goberno local, coa Alcaldesa Verónica Tourón á cabeza, quixo agradecer de primeira man a inmensa labor da Agrupación Local de Protección Civil e a alta estima que o seu comportamento e dedicación ao servizo público teñen entre a veciñanza.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.