·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaRedondelaPrograman unha andaina e outras actividades para por en valor a biodiversidade...

Programan unha andaina e outras actividades para por en valor a biodiversidade da Ensenada de San Simón

ciclo de rutas xeoculturais por Redondela, co obxectivo de gozar e pór en valor o patrimonio natural redondelán dende un punto de vista diferente.Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural. Por iso dende a Concellería de Medio Ambiente co lema “ A nosa biodiversidade o seu legado” vanse poñer en marcha, unha serie de actuacións informativas e charlas divulgativas para poñer en valor a Enseada de San Simón que se atopa dentro da Rede Natura 2000 .

A ciencia separase en investigación é divulgación. Mentres a investigación fai avanzar o coñecemento, a divulgación intenta expandir na sociedade este novo coñecemento. Neste grupo de expansión atópase a cidadanía, a cal temos que chegar cunha linguaxe próxima e achegada.

Natura 2000 é unha rede europea de áreas de conservación natural. A súa finalidade é asegurar a protección  a longo prazo das especies e o seu hábitat en Europa, contribuíndo a deter a perda de biodiversidade.

Debido o debate público causado pola nova xestión das algas nas praias do concello que pretende buscar un equilibrio entre o uso público  e a conservación dos areais, unha serie de paseos polo litoral de cesantes sobre as algas na “Intermareal” serán as primeiras actividades divulgativas programadas.

Pero como non só de algas se vive na enseada a xeoloxía, aves, especies mariñas, plantas, arribada de residuos e elementos leñosos…Serán outros temas a tratar en vindeiras citas divulgativas.

Está programado un paseo educativo, con saída dende o porto de Cesantes, con FAIA Educación Ambiental que dinamizará as actividades os días 29 de agosto; 5 e 19  e de setembro de 2020.

Importante Debido o COVI-19 por medidas de aforo, organización e seguridade e preciso  inscribirse previamente.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies