Inicio Val Miñor Baiona Baiona crea a Comisión de seguimento da COVID no Ensino

Baiona crea a Comisión de seguimento da COVID no Ensino

Baiona crea a Comisión de seguimento da COVID no EnsinoA comisión manterá un contacto continuo coas direccións dos centros escolares e ANPAS “para garantir, sobre todo e en todo momento, a saúde e seguridade sanitaria dos nosos nenos e nenas”
 
Ante a preocupación amosada pola comunidade escolar de Baiona ante as dubidas que, dende o punto de vista da seguridade sanitaria, presenta o inicio do novo curso escolar, o ‘Consello vén de constituír a Comisión de seguimento da COVID no Ensino’ co obxectivo de analizar as distintas situacións que se vaian presentando e adoptar, en colaboración coas ANPAS e centros escolares, “as medidas que sexan precisas para garantir a saúde dos nosos nenos e nenas”.
 
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, que presidirá a antedita comisión, asegurou que “coa triste experiencia acumulada na primeira onda da pandemia, as administracións temos que adiantarnos aos feitos e tomar todas as iniciativas que garantan a saúde e seguridade da veciñanza”.
 
Os nosos nenos e nenas –afirmou o alcalde de Baiona– “son o noso ben máis prezado porque representan o futuro do noso municipio e, por ese motivo, temos que adoptar todas aquelas iniciativas que contribúan a salvagardar a súa seguridade”.
 
Nese sentido, a comisión vixiará a evolución da COVID19 e as medidas que, dentro das competencias do Concello, se poidan adoptar para facer fronte a cada un dos posibles escenarios que se presenten.
 
“Temos unha experiencia previa e, do acontecido, temos que aprender para poder poñer en marcha medidas máis áxiles e máis eficaces”, conclúe o rexedor local.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies