spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaPrimera reunión na Guarda do proxecto “O RÍO QUE NOS UNE”

Primera reunión na Guarda do proxecto “O RÍO QUE NOS UNE”

Primera reunión na Guarda do proxecto “O RÍO QUE NOS UNE” Comeza na Guarda o proxecto O RÍO QUE NOS UNEno que se desenvolve o fomento da participación de mozos e mozas tanto da Guarda como de Caminha no proceso de decisión das políticas de mocidade municipais

Cousas de revista nº16

A primeira reunión do proxecto no que participa a asociación FOCO, a Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda tivo lugar na Guarda o día 1 de febreiro.

O proxecto O RIO QUE NOS UNE é unha iniciativa de cooperación no ámbito da mocidade financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea cun financiamento de 17.164€.

Este proxecto reúne a 3 socios: a Câmara Municipal de Caminha, o Concello da Guarda e a asociación FOCO. Neste proxecto as dúas institucións municipais colaborarán na implementación das actividades locais que se propoñerán despois dos encontros que guiará a asociación entre persoas mozas de ambos municipios.

Co proxecto O RIO QUE NOS UNE abordaremos o tema da participación xuvenil nas políticas de mocidade municipais para aumentar a cooperación e cohesión de ambos municipios no deseño e implementación de iniciativas e actividades xuvenís. Para cumprilo, serán incluídos e habilitados procedementos e mecanismos para garantir a participación da mocidade no deseño destas actividades.

O proxecto divídese en dúas partes: unha primeira fase de encontros entre mozos/as da Guarda e Caminha na que se establecerán as actividades que se propoñerán aos dous municipios a través dun proceso participativo; unha segunda fase na se que levarán a cabo as actividades.

Será unha oportunidade para reflexionar sobre como cooperar entre os dous países, facilitar a comunicación entre os/as mozos/as e os/as representantes políticos.

O proxecto ten como obxectivo establecer en cada municipio un mecanismo para que as persoas novas pedan propoñer ao seu concello e deseñar actividades que estean adaptadas ás súas habilidades e realidade,  prestando especial atención à xuventude de menos de 20 anos (quen máis afastada e allea ve ás institucións) e crear unha axenda de actividades xuvenís transfronteiriza conxunta. Con este proxecto, queremos potenciar un marco común europeo para a realización de actividades e participación xuvenil e fortalecer a nosa rede de organizacións xuvenís a nivel internacional.

Contacto: Gonzalo Martínez Ramiro   gonzalo@focoeuropa.com  604 030 892

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.