spot_img
InicioO MorrazoMarínPrimeiro Trofeo Vila de Marin de Boxeo con motivo benéfico

Primeiro Trofeo Vila de Marin de Boxeo con motivo benéfico

Primeiro-Trofeo-Vila-Marin-Boxeo-motivo-benéfico

Este Domingo 17 de Maio celebrouse na Alameda de Marín o Primeiro Trofeo Vila de Marín, con motivo benéfico, A Asociación Marinense de Artesás organizou unha feira de artesanía, na que se recolleron tapóns e alimentos non perecedoiros con fins benéficos, paralelamente o club Rebouras Team deseño un torneo de boxeo infantil e unha exhibición presentando o equipo elite que acode o 24 de Maio a Murcia aos Campionatos de España de Boxeo.

A iso das 11:00 da mañá empezaron a quentar motores os máis pequenos, de 6, 7 e 8 anos. Estes empezaron forte cun gran nivel, demostrando unha melloría visible desde anteriores eventos boxeísticos. Saíndo vencedor desta categoría Adán do Rebouras Team en segundo lugar Martín e no terceiro chanzo do pódium o marinense Lucas tamén do equipo organizador, que debutou pola porta grande na súa primeira competición oficial. E acompañándoo a pequena Kyra, que segue nunha gran liña de progresión.

Seguiron o evento os alevíns con 9 e 10 anos, nesta categoría o equipo local obtivo uns resultados espectaculares, dominaron a categoría con Iker en terceira posición, o seu irmán Eloy coa medalla de prata e en primeiro lugar dominando a categoría, Xoan, que demostrou un bo nivel técnico de boxeo.

Na seguinte categoría, a máis rifada de todas con 11 e 12 anos, proclamouse campioa, a tamén campioa de España Filomena, que veu desde Noia a impresionar coa súa calidade técnica. En segundo lugar temos a Rubén Simón. En terceiro lugar do Rebouras Team puidemos observar a gran melloría de Sasha que se alzou co metal e a Naum Axude.

Por último na categoría cadete, 13-14 anos, despois dun rifado desempate, proclamouse vencedora Uxía Villanueva, que gañou a Carlos Rodríguez na final na proba de “sombra´´. No pódium tamén se subiron Carlos Seijo e Eneas Valverde cun empate nas puntuacións.

4 categorías nas que se repartiron un total de 4 ouros, 4 pratas e 8 bronces e ademais máis dunha trintena de diplomas, pero o que podemos resaltar é que se repartiron multitude de sorrisos, bos momentos e deporte ao aire libre no que pais, nenos, adestradores e todo o público presente en Marín gozo do boxeo.

Para culminar o evento, o equipo elite masculino e feminino do Rebouras Team realizou unha pequena exhibición na que mostraron ao público presente a non violencia deste deporte, practicando as técnicas e uns asaltos de combate nos que puideron impresionar ao respectable coa vistosidade e velocidade deste deporte que está en alza ao cambiar a súa imaxe agresiva por valores do deporte como compañeirismo, nobreza, humildade, respecto e sobre todo algo que demostran os campións e é constancia, sacrificio e disciplina.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.