spot_img
InicioO SalnésRibadumia acolle a Fase Intermedia do Campionato Autonómico da categoría Prebenxamín de...

Ribadumia acolle a Fase Intermedia do Campionato Autonómico da categoría Prebenxamín de Fútbol 8

Ribadumia-acolle-Fase-Intermedia-Campionato-Autonómico-categoría-Prebenxamín-Fútbol-8

O Concello de Ribadumia acolleu hoxe a presentación da Fase Intermedia do Campionato Autonómico da categoría Prebenxamín de Fútbol 8 que se vai a celebrar este sábado 23 de maio nos Campos de A Senra –Ribadumia- e A Bouza –Barrantes- ao longo de todo a xornada.

Á presentación acudiron a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña; José Manuel Fernández, Vicepresidente Federación Galega de Fútbol os presidentes do C.D. Ribadumia e do Umia C.F.; Amancio Varela, directivo da F.G.F e do Umia C.F. e Jaime Otero, Delegado da F.G.F en Pontevedra.

O torneo terá lugar este sábado 23 de maio nos campos de A Senra e A Bouza

O evento, que terá lugar este sábado entre as 10:00 e as 19:15 horas, organízao a Federación Galega de Fútbol en colaboración co Concello de Ribadumia, cos dous clubs locais e coa Deputación de Pontevedra.

A de Ribadumia, confórmase como a fase da zona sur, que acolle a nenos de Vigo, Pontevedra e Ourense e a partir da cal sairán dous equipos para fase final definitiva que terá lugar en Portas.

Nesta fase, que conta con 16 equipos repartidos entre o campo de Ribadumia e o de Barrantes, espérase a participación de 400 nenos aproximadamente – de entre 6 e 7 anos-, tal e como informou Amancio Varela, directivo da F.G.F. e do Umia C.F. “Entre os xogadores, equipo técnico e familiares “espéranse ao redor de 2.000 persoas, polo que este campionato é moi importante tanto para os clubs como para o Concello polo movemento de persoas que vai haber ese día”, apuntou. Ademais, no campionato participará o Umia C.F. polo que “a afición local tamén está garantizada”.

José Manuel Fernández, vicepresidente da F.G.F. en Pontevedra, considera que “é unha satisfacción que este campionato se celebre aquí porque paréceme que é un pobo moi bonito cunhas instalacións deportivas magníficas. Se hai uns días celebrabamos unha presentación dun curso de monitor de fútbol base esta é a continuación do traballo que está a levar o Concello co deporte e co fútbol entre os pequenos en particular”.

Pola súa parte, a alcaldesa, Salomé Peña, quixo sinalar que “este campionato se pode levar aquí grazas ó traballo dos clubs e, por suposto, polo esforzo que estamos a levar dende o Concello na mellora das instalacións dos campos de fútbol”.  Apuntou tamén que “grazas a inversión no campo de fútbol novo da Senra e a mellora do campo do Umia, este ano por fin podemos acoller este campionato grazas as nosas instalacións que o permiten”. A alcaldesa animou a veciños e visitantes a pasar o día de reflexión pasándoo ben cos cativos no seu terreo de xogo e a que os visitantes “coñezan todo o que Ribadumia pode ofrecer tanto coas rutas, paisaxes e gastronomía”. 

- Publicidade -spot_img